luns, 26 de outubro de 2009

THE ALAN CADDY ORCHESTRA AND SINGERS 6 Top Hits (EP, Forest, 1972)



Alan Caddy foi membro de Johnny Kidd & The Pirates e uns anos despois dos Tornados, aqueles rapaces que en 1962 arrasaron co instrumental "Telstar" composto por Joe Meek. Nas notas aparecidas en The Guardian no seu obituario, coméntase que era un tipo con potencial pero que non cría en si mesmo así que acabou refuxiado de sesioneiro e traballando para selos especializados en versionear éxitos para series baratas. Este Ep contén unha selección ben escollida de grandes momentos do pop de primeiros setenta e a verdade non están nada mal.

Cara A
DESIDERATA Every Which Way
SACRAMENTO Middle of The Road
RUN, RUN, RUN Jo Jo Gunne

Cara B
WHAT IS LIFE George Harrison
IRON HORSE Christie
DOWN BY THE LAZY RIVER The Osmonds

Ningún comentario: