Hai uns anos tivemos en mente facer unha especie de Asubíos á galega e durante unha tempada démoslle un repaso a discos vellos do país que cubriran o periodo 1966-74 para tentar reunir a lo menos uns setenta minutos con cancións que nos pareceran gañadoras. A verdade non foi tarefa doada e creo que chegamos a uns 50 estirando a man en moitos casos e todo quedou en nada, quizáis nos decidamos a rematalo algún día. Un dos discos que revisamos foi o do grupo coruñés Generación 49 cunha portada realmente atractiva e que aínda que musicalmente non nos dicía moito hai que recoñecerlle a súa condición de pioneiro no intento de darlle unha volta de torca ao folk galego e transformalo en algo máis acorde cos tempos. Todo isto ven a conta porque porque contactou con nós un dos membros do grupo que nos fixo partícipes da breve pero interesante historia dun dos escasos grupos coruñeses que chegaron a gravar naqueles anos.
O texto que ven a continuación e o mesmo que aparece publicado en Generación 49.

O grupo “Generación 49” fórmase en A Coruña en 1967 con Alberto Morano (Órgano eléctrico) deixando o seu grupo anterior “Los Simples”, Germán Peñalver (Batería) ven de “Los Saurios” e Xoan Piñón (Guitarra eléctrica) do cal único antecedente é a rondalla dos Maristas de A Coruña. O nome do grupo sae da data de nacemento de Peñalver. En 1968 gravan un E.P. con temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que podemos consideralo como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.
Comenza a súa andaina con un estilo ”beat” facendo versións dos grupos ingleses e españois da época de finales dos 60 e con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo co que traballa e un órgano, amplificadores Farfisa de 20 e 60w. guitarra eléctrica e baixo Hofner e unha batería.
No ano 1968, presentánse ao concurso “El Microfono de Oro” que se celebra en Lugo; despois de sucesivas eliminatorias, chegan a conquerir o “Micrófono de Oro” ao mellor grupo do Festival e o

Trasládanse a Barcelona unha semana nun avión Fokker para gravar nos estudos da Belter, ao

Edítanse, segundo a Belter 500 exemplares. Cando o EP sae co nome “Generación 49 del Ballet
Gallego” o grupo supón que tivo que saldar algúnha débeda máis pero sempre foi “Generación 49” a secas. Pasados uns meses comenta Germán “Chamamos a discográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” Posteriormente as obrigas do servizo militar e diversos problemas familiares fan que o grupo desapareza definitivamente, corría o ano 1969.

Moitas grazas aos nosos veciños de Sempre en Galiza polo disco.

1 comentario:
Hola amigo saludos, me parece muy interesante el blog y lo he incluido en "Rock-Blogroll"
http://rock-blogroll.blogspot.com/
ademas coincide que el disco del mes lo tienes publicado, si te parece pones tambien un enlace, un abrazo.
Publicar un comentario