xoves, 26 de novembro de 2009

ASUBIOS O Nacemento Do Beat En España (1965-1967) (CDR, Felicia, 1996)


Na sesión vermú do último Felipop tivemos a Los Chavales, grupo santiagués no que o noso benquerido Alfonso Espiño exerce como cantante-animador con excelentes resultados. Entre canción e canción o propio Alfonso chegou a asegurar que Los Chavales debían moito a aquela compilación feita en Limodre a mediados dos noventa titulada "Asubíos".

Naqueles anos, coa excepción do publicado por El Cocodrilo ou a serie "Viñedos", parecía que non había moito interese por recuperar as xoias do pasado hispano de aí que tiveramos en mente facer algo ao xeito do Nuggets ou a serie Pebbles.

Creo lembrar que fixemos primeiro a compilación en mini disc e logo fumos na procura dun título para a mesma que tivera certa sonoridade ata que Joe apareceu co de "Asubíos" (silbídos en castellano). O seguinte problema foi atopar a alguén que nos fixera os CDR, non coñezo como eran as cousas por aí diante, pero aquí poucos posuían un ordenador e menos unha gravadora. Ao final un coñecido ofreceuse a facer as copias a 1000 pesetas cada unha, prezo realmente escandaloso pero algo bastante normal entón.  

Das trinta pezas seleccionadas hai tres que non son españolas, a dos venezolanos Los Supersónicos,a dos portugueses The Sheiks e a dos chilenos Los Beat 4, pero xa que a portada do seu sinxelo foi a que utilizamos para o "Asubíos", merecían aparecer. As notas interiores en galego foron obra de Gustavo e de Joe.

01 LOS FLECOS Vales Poco Para Mí
02 LOS BEAT 4 Dame Un Bananino
03 LOS ARCHIDUQUES Lamento de Gaitas
04 LOS NIVRAM Sombras
05 LOS TONKS Llegó El Final
06 THE BRISKS Si, Mañana Será Así
07 LOS BRINCOS L´amore Dei Giovani
08 LOS PROTONES Eres Un Mal Amigo
09 LOS 5 DEL ESTE Look At This Boy
10 LOS TOMCATS A Tu Vera
11 LOS SUPERSÓNICOS Por Qué Te Vas?
12 LOS SIREX Olvídame
13 ROCIO DÚRCAL Creo En Ti
14 MICKY y LOS TONYS Fuera De Mis Sentidos
15 LOS BETA Qué Más Quisiera Yo
16 LOS WATTS Al Rojo Vivo
17 LOS GATOS NEGROS Por Qué Llorar
18 THE FOUR WlNDS & DITO No Te Comprendo
19 RAMÓN 5 Amor Perdido
20 SHEIKS A Mala
21 LOS BRAVOS Recopilación
22 LOS BOHEMIOS Qué Chica Tan Formal
23 LOS NO Incomprendido
24 LOS HURACANES El Calor Del Verano
25 LOS BOTINES Eres Un Vago
26 LOS WlKlNGOS El Viernes En Mi Recuerdo
27 LOS PEPES Un Día Feliz, Otro De Llanto
28 LOS PASOS Paso a Paso
29 LOS SPRINTERS El Tablao
30 LOS DIAPASÓNS Mi Yaya

3 comentarios:

Carlos Alberto Alonso (www.asmuxicas.com) dixo...

Bien!!!!

Fonso dixo...

Moi ben amigos...
Agora necesitano-lo segundo volume, o do Soul...
Grazas por adiantado

aldo dixo...

Creo que encontré esta recopilación hace uno 5 años o más...con soulseek

Claro que como se indica no son exactamente todos españoles y la portada además es del EP 'Dame un bananino', de los chilenos Beat 4.

Ahora entiendo el titulo por fin!
No tenía idea que fuera galego...aunque me encanta Galicia y tengo muy buenos amigos por allí.

un abrazo desde la Patagonia chilena