venres, 6 de novembro de 2009

NICK HAMILTON Suitcase Man (Picap, 1984)

Despois do fracaso de “The Nightmare of J.B. Stanislas” Nick Garrie acabou por se distanciar da industria musical un tanto decepcionado da escasa repercusión do seu disco así que boa parte dos setenta pasounos adicado a outras cousas ata que en 1976 se atopou co compositor Francis Lai (o mesmo que gañara un Oscar por “Love Story” e que tamén escribira bandas sonoras para outras películas como “Un home e unha muller" ou “Emmanuelle”) co que traballou en distintos proxectos durante eses anos. No ano 1984 decidiu voltar aos estudios e con Alun Davies e Gerry Conway, acompañantes habituais de Cat Stevens, e o ex-Yardbirds Paul Samwell-Smith acabou por dar saída a unha nova colección de cancións na súa liña tristona pero sempre emotiva con momentos ben bonitos como "Wine and Roses", "In every Nook & Cranny", a autobiográfica "The Suitcase Man" ou "Back in 1930". Como na súa biografía sempre se sinala que este último tema fora número 1 en España e ninguén de nós lembraba tal acontecemento, preguntámoslle directamente ao propio Nick que nos confirmou que fora en Antena 3 Radio, que tempos.

"Back In 1930" foi cedida polo propio Garrie para o 2Cd que celebraba os 10 anos de Felipop e que aínda podedes mercar escribindo a infofelipop@gmail.com polo módico prezo de 12 euros gastos incluídos.

2 comentarios:

Mr. Hari dixo...

wow, gracias para compartir este album. he buscado por la red pero no he lo encontrado. me entusiasmo mucho escuchar a este album. otra vez, gracias!

Bill.Bo dixo...

thank you very much for the presentation of ths rare gem.

may your days be sunny : Bill Bo