"Crazy Horses" xunto con "The Plan" son os dous meus discos favoritos dos Osmods, algo así como uns Jackson 5 brancos que ademáis de aproveitarse da actitude vocal dos da Motown, en moitos momentos comportábanse como verdadeiros roqueiros e proba diso é este elepé no que agás as baladas ñoñas "And You Love Me" e "That's My Girl" o resto non ten desperdicio, de "Crazy Horses" a "Hold Her Tight", de "Utah" a "Life Is Hard Enough Without Goodbyes", todas molan. Como curiosidade dicir que no seu momento alguén pensou que o título facía referencia ás drogas malas cando todo o mundo sabía que os rapaces xa estaban preocupados polo cambio climático, uns adiantados.
1 comentario:
Hay un video mejor en youtube de esa canción. Que canción!
Publicar un comentario