Taxi foron unha banda portuguesa que comenzaron no 1976 baixo o nome de Pesquisa. A finais de década adoptan o definitivo de Taxi cunha formación na que estaban João Grande (voz), Henrique Oliveira (guitarra), Rodrigo Freitas (batería) e Rui Taborda (baixo). Orixinalmente cantaban en inglés pero cando fichan por Polygram para gravar o seu primeiro disco a discográfica ponlles como condición que deben cantar en portugués. Aceptado o desafío debutan coa estupenda "Chiclete", que é un éxito no país veciño e que tamén lles permite tocar no 1981 como teloneiros dos Clash. O álbum "Taxi" convertiríase no "primeiro disco de ouro do rock portugués", vendendo máis de 35.000 discos e, a verdade, é unha venda merecida porque o disco está moi ben, divertido de principio a fin, dos de mover a perna, un excelente disco de ese tipo de "new wave" con influencias do reggae e o ska. Ademáis de "Chiclete" ten outras gañadoras como "TV WC", "Meu Manequim" ou as miñas favoritas "O as dos flippers" e "Não Máis". Desgraciadamente o seu segundo disco "Cairo", cunha portada de bonito deseño, viña nunha lata en formato circular, non estaba tan ben a pesar de vender máis de 15.000 unidades nos tres días posteriores ao seu lanzamento. Un ano despois editaron "Salutz" para despedirse no 1987 com "The Night", un disco integramente cantado en inglés.
1 comentario:
Je ne parle pas le portugais, mais j'ai connu ce disque en 1981, quand mon ami Fernando l'a ramené du Portugal où il allait toujours passer ses vacances. On était tous fans de Clash, et quelques jours plus tard on commençait notre premier groupe. Je n'oublierai jamais ces moments bénis où nous chantions Chiclete à tue-tête pendant un camping en Ardèche. Merci!!!
Publicar un comentario