domingo, 9 de novembro de 2008

TODO EL LARGO VERANO Perdí a mi novia (en una fiesta oficial de La Fonográfica General) (2008)

Todo el Largo Verano, ese colectivo ferrolán que na estación estival apoveita para estar na praia, nadar ó estilo braza e incluso bucear, ven de editar o seu novo sinxelo "Perdí a mi novia (en una fiesta oficial de La Fonográfica General)". A idea da canción xurdiu en outubro do ano pasado cando ós grupos colaboradores do selo se lles pediu unha sintonía para celebrar o seu segundo aniversario, Unha vez gravado quedaron con ganas de finalizar a canción ó completo, ou sexa con letra, así que aquí a tedes nas dúas versións. Nesta ocasión TLV foron Alberto ao baixo, voz e coritos, Kike á guitarra de ritmos, Rubén á guitarra solista e coros, Miguel de baterista e Carolina á pandereta. Todos os seus anteriores discos están dispoñibles en:
http://www.todoellargoverano.blogspot.com/

Ningún comentario: