The Beckies foron a última aventura de Michael Brown, aquel rapaz que xa con quince anos era a mente pensante dos Left Banke. Algún tempo despois estivo tamén detrás do proxecto Montage que deixaron un só disco pero que case non existiron como grupo. Cos Stories nos primeiros setenta, iniciou o seu achegamento a sons máis rock pero sen perder esas dotes de bon estilista que lle deran sona. Despois de dous discos decidiu deixalos e estivo un par de anos parado ata que atopou a Mayo James MacAllister, Gary Hodgden e Scott Trusty cos que iniciou a breve aventura dos Beckies. O disco resultante e en liñas xerais decepcionante aínda que por momentos recupere o son dos primeiros Stories como en "One of These Days", pero todo é bastante peor sobre todo polas voces de Hodge e Trusty, non moi destacadas precisamente, aínda que o primeiro faino bastante ben na canción que abre o disco "Right By My Side", unha das gañadoras xunto a "River Bayou" na que parecen recuperar o espíritu Left Banke. Hai algún outro momento destacable pero non brillante como e "Other Side Of Town" cun bonito toque Todd Rundgren e "One of these days" aínda que merecería outro cantante. En fin, se che gusta Michael Brown sempre poderás ver algo neste disco.
2 comentarios:
Muchas gracias. No tenía ni idea de la existencia de este disco. The Left Banke me gustan mucho.
Pedazo Disco este de The Beckies. Qué joyitas hay por aquí escondidas...
Gracias
Natascha
Publicar un comentario