sábado, 7 de febreiro de 2009

BEN VAUGHN Blows Your Mind (LP, DRO, 1988)

Parece que a ligazón deste disco xa non funcionaba así que aquí está a reposición que Ben ben o merece. Ao final pódese ver que non é tan díficil escribir unha nota para pedir algo como fixo o noso anónimo interlocutor.

Despois do bo sabor de boca que nos deixou a actuación de Ben Vaughn no pasado Xiriapop está ben recuperar o que quizais sexa o seu mellor disco, ou non, pero é un gran disco este "Blows your mind", editado no 89. Trátase do terceiro do noso heroe e o primeiro sen o Ben Vaugn Combo que o acompañara anteriormente. O traballo precede ao máis exitoso "Dressed in black" (90) nun momento no que Vaughn semellaba que ía casi para un exitoso Jonathan Richman dos 90. En parte non o foi porque non quixo, discos como este son un tratado de calidez, diversión e proximidade. Escoitar pezas tan arrebatadoras como Daddy's Gone for Good , She's Your Problem Now, Carved in Stone e divertidas como Darlene, Tantalize ou Hey Man Hey, por non citalas todas, reconfórtano a un coa cerna do pop clásico de toda a vida. A inencontrable edición en cedé sei que trae tres temas extras, pero esta que poñemos hoxe é a de vinilo.

by mail...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Gracias por la reposición, se lo merece este buen cantante.
Un saludo,
juan

Anónimo dixo...

Caramba, incluso con notas del propio Ben en contraportada...
“She’s Your Problem Now” fue la primera canción que escuche de Ben Vaughn (gracias a Juan de Pablos), y la que me introdujo en su especial universo.
Entre sus discos le tengo especial cariño al anterior “Beautiful Thing”, seguramente por ser el primero suyo que compré y que me dejó maravillado.
Tenía entendido que este disco, "Blows Your Mind", era de 1988 ¿fue la edición española en 1989?.
Un saludo

18 RODAS dixo...

Tes razón Jose, hai un erro, 1988