Puzzle deixaron dous discos para a Motown na primeira metade dos setentas cun son que lembraba a Blood, Sweat and Tears ou a Chicago. Eran un sexteto á fronte do cal estaba o compositor principal, vocalista e batería John LiVigni, acompañado por Bobby Villalobos á guitarra, Anthony Siciliano ao baixo, Joseph Spinazola ás teclas, Bobby Williams á trompeta e Ralf Richert na outra guitarra e tamén na trompeta. Pouco despois de mercar o disco tentei atopar información e aparte da páxina de John LiVigni só atopei un enderezo electrónico que supuxen era de Anthony Siciliano así que decidín escribirlle para decirlle que me gustara "The Second Album". Despois de case catro meses recibín un correo no que Siciliano se congratulaba de que alguén lembrara con bo agrado aquel traballo. O primeiro tema do disco "You Took Me Wrong" cunha entrada a base de guitarra e ventos xa dá pistas do que se espera e a verdade toda a cara A transcurre dentro dese brass-pop de medias baladas como "Mary, Mary", pezas máis roqueiras como "Everybody Wants To Be Somebody" e incluso momentos máis explorativos como en "Haiku". A cara B ábrese con "My Love", no máis puro estilo dos medios tempos de Chicago. "Now That You Love Me" que tamén está ben dá paso ao tema longo do disco, hai que amosar que un é capaz de todo, megalomanía forever. A canción titúlase "Concept of Her" e está dividida en tres partes. Seguro que Nico Estrume apreciaría o Preludio para o seu artigo sobre pianistas tras.
3 comentarios:
Gracias 18 Rodas!!! Busqué esta música durante muchos años!!! en especial la canción Concept of Her Saludos Horacio.
Thanks!
woooow exelente todos me lo recomendaban hace mucho tiempo y por aki lo encontre! gracias!
Publicar un comentario