domingo, 8 de febreiro de 2009

THE ZOMBIE VALENTINES Demo

The Zombie Valentines son o novo proxecto no que están embarcados os ex-Stupid Baboons David Lorenzo e Hernán Jaén xunto a Gabriel Cuesta e Alberto Hernández. Levan funcionado uns tres anos e ata agora o único tema editado oficialmente foi "Segunda Piel", unha magnífica canción na máis pura tradición de garaxe-beat hispano que apareceu nun recopilatorio de Lucinda Records o ano pasado. "El circo de tu amor" e a peza máis garaxeira das catro que nos enviou David que precisamente firma outro dos bos momentos "Our Reward" no máis puro estilo lorenzista. A maqueta péchase con "Tormento", un instrumental con referencias aos Relámpagos ou Pekenikes mesturada con son surf e toque spaguetti western.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Me está dando problemas el enlace de descarga.
Volveré a probar más tarde a ver...

18 RODAS dixo...

Tes razón, un pequeno arranxo e listo