mércores, 29 de abril de 2009

PILOT The Best Of Pilot (C5, 1991)

Quizáis o principal problema de Pilot cando comenzaron foi que os asociaran rápidamente co fenómeno de quinceañeiras que naqueles días tiña no Reino Unido aos Bay City Rollers como principais figuras. Ao igual que estes, Pilot tamén eran escoceses, neste caso de Edimburgo, pero esa mal interpretada semellanza non lle fixo moito ben ao grupo porque no fondo eran tipos realmente talentosos, compoñían grandes cancións e ademáis eran hábiles instrumentalmente, pero xa sabemos como son os críticos musicais que sempre ven onde non hai e viceversa. Agora que o mundo mudial máis alá de Barallobre está cheo de bandas sonando como meras xerocopias do mesmo patrón, agradécese repasar as cancións destes rapaces que xa facían power pop de altura naqueles anos e que foron capaces de crear marabillas como "Magic", "January", "Call Me Round" ou "Canada".

A historia comenza nos Estudios Craighall de Edimburgo onde traballa Billy Lyall que en compaña do baixista David Paton e durante case dous anos van apoveitando as horas mortas de estudio para da forma as súas propias maquetas. Como necesitaban baterista chamaron a Stuart Tosh e ao guitarrista Ian Bairnson aínda que este dixo que non se sentía preparado para meterse en algo serio pero a partir do segundo LP xa estivo a xornada completa. Foi a EMI a que se interesou polas demos e en 1974 aparecía o seu primeiro single "Just a Smile" que aínda que non foi éxito xa adiantaba o que ían ofrecer: grandes cancións popeiras con estribillos moi pegadizos e sempre con bonitas voces. Do seu seguinte intento "Magic" que se pode dicir, un clásico imperecedeiro e un merecido triunfo que mantiveron moi dignamente ao longo de tres elepés. Do seu primeiro "From The Album of The Same Title" (1974) o máis completo dos tres, aparecen nesta compilación sete temas. Do seu segundo disco "Second Flight" (1975) van catro incluída a gañadora "January" e "Call Me Round" outro dos seus bos momentos. Antes de viaxar a Canadá para gravar o seu terceiro LP "Morin Heights" (1976) Billy Lyall decide deixalo e concentrarse en escribir e producir, canso de esa identificación cun produto xuvenil. O disco tamén ten seus bos momentos que aparecen recollidos neste Lp, falamos de "Canada" e "Penny in My Pockett". Stuart Tosh foi o seguinte en abandonar e fichar por 10cc mentras que Patton e Bairnston aínda fixeron un disco máis como dúo pero esquecible totalmente para acabar no Alan Parsons Project que curiosamente fora o encargado de producir os seus dous primeiros elepés.

Hai moitos video deles pero este gustoume especialmente, Ian Bairnson está fantástico.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


1 comentario:

Her o Mozzesque dixo...

This Band is fantastic!!! Pilot (From the Album of the Same Name)their debut album was produced by Alan Parsons. How could I forget "Magic"? This a Delicious The Best Of!!!

Thanks for this one!!!

Grettings!!

Her.