Key, non confundir con The Keys nin tampouco cos neo-mods The Key, eran un dúo anglo-xermano formado por Volker Langefeld e Alan Warren. No ano 1978 gravaron este fantástico disco "Fit Me In" que só apareceu editado en Alemaña por Electrola e en España por Zafiro. Tódolos temas agás a simpática " I'd Really Go For A Lady" asinada polo dúo, son de Langefeld que tamén se ocupa da instrumentación. "Fit Me In" é un dos grandes tesouros agachados da década dos setenta dentro deses grupos que procuraban inspiración na rama McCartney dos Beatles moi presente ao longo do disco e realmente evidente en temas como "Lazy Bird" ou "Sometimes" e aínda que a corrente macartiana é a que manda tamén se ven influencias do meu querido Gilbert O´Sullivan na fabulosa "The Farmer and The Rain", de Emitt Rhodes en "Pretty Little Star", do chicle pop en "Fit Me In" e incluso do sicopop británico da segunda metade dos sesenta grazas sobre todo a uns arranxos caralludos, realmente orixinais, variados e divertidos case como se estiveran feitos una década antes pero ese anacronismo é u unha das virtudes desta pequena marabilla.
1 comentario:
Vaya descubrimiento, gran disco, muchas gracias, creo que me lo voy a comprar.
Igor
Publicar un comentario