mércores, 7 de outubro de 2009

CODE BLUE Code Blue (WB, 1980)



Naqueles primeiros oitenta na discoteca á que ía os fins de semana o disjockey utilizaba a miúdo "Face To Face" dos Code Blue para cambiar das lentas ás rápidas. Uns anos despois conseguín o elepé e resultou que o resto das cancións tamén estaban moi ben. Coa perspectiva que da o tempo creo que é un dos discos imprescindibles do power pop daqueles anos con temas caralludos como "Whisper/Touch", Modern Life", "Other End of Town" ou a mencionada "Face To Face". O cerebro que manexaba o trió era o guitarrista Dean Chamberlain que formara parte duns primitivos The Motels. Os outros dous membros eran o batería Randall Marsh e o baixista Gary Tibbs que estivera nos Vibrators. O grupo chegou a publicar en 1983 un segundo elepé "True Story..." que desgraciadamente non ten moito interese.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com

3 comentarios:

laclasedetercero dixo...

muy tecnicos esta gente. me gustan
mucho.
gracias por el post.
saludos desde los 34º a las 18:49 del 7 de octubre de 2009 de sevilla.

18 RODAS dixo...

Que son 34 graos para un sevillano...

golden brown 77 dixo...

Muy buen disco de power pop. Muchas gracias