luns, 26 de outubro de 2009

TABACA Mujer - Hoy He Vuelto a Sonreir (CBS, 1973)



Tabaca foi unha historia de vida breve na que estiveron implicados na súa derradeira etapa Emilio Souto, Eduardo Rodríguez Rodway que viña de Los Payos e Jesús de la Rosa que fora membro dos tamén sevillanos Nuevos Tiempos e que acababa de ser rexeitado nunhas probas para escoller cantante nos Bravos polo seu marcado acento andaluz. A idea do grupo era traballar vocalmente ao estilo de Crosby, Stills, Nash & Young que era o que molaba entón, pero a pesar de que as cancións non están nada mal con bonitas harmonías a tres partes non tiveron repercusión e Souto decidiu pasarse a "Desde Santurce a Bilbao Blues Band" mentras que Rodway e Jesús de la Rosa voltaron cara Sevilla onde sentaron as bases dos futuros Triana. Deste primeiro sinxelo gústame máis "Hoy he vuelto a sonreir" que fuxe da típica historia oso-osita mentras que "Mujer" é moito máis convencioal con cordas empalagosas aínda que vocalmente está ben tratada. Como se pode ver na contraportada as cancións as asina tamén un tal Attias do que non din atopado información pero debe de ser un dos da foto porque eu non recoñezo a Jesús de la Rosa nelas.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Carlos Attias era un bajista que sustituyó a Cristóbal de Haro en "Los Iberos" en 1972, y más tarde tocó en la banda de Miguel Ríos antes de fundar "Tábaca" con Eduardo R. Rodway y Emilio Souto.

Anónimo dixo...

Hola, el sustituto de Cristobal de Haro en los Iberos, fué Quique Santana que es el bajista que figura en la portada del único elepé. Sorry.