Cando os Canarios estaban no seu mellor momento grazas ao éxito de "Get on your knees" chegou a hora de incorporarse á mili e boa parte da banda foi cumprir coa patria. Ao noso Teddy tocoulle destino no Sáhara pero lonxe de estar peocupado ou francamente agobiado, aproveitou o tempo morto para continuar estudando solfeo e harmonía ademáis de descubrir os novos sons de bandas como Blood, Sweat and Tears ou Chicago que lle abriron os ollos para abandonar o soul académico e tirar cara algo máis progre. Xa de volta en Madrid contaxiou ese entusiasmo ao resto da banda e comenzaron a darlle forma a "Libérate", unha especie de disco conceptual con certo transfondo político social que era o que molaba naqueles tempos. A gravación do mesmo fíxose en Londres - desta volta si tocaron eles- baixo a produción de Alain Milhaud e co arranxista John Cameron que viña de traballar por exemplo nos grandes discos de Donovan. Toda a primeira cara do disco, incluso as pequenas pezas que son usadas como introdución, están realmente ben destacando "Free Yourself" e "You´re My Sunshine", a cara b páreceme menos convincente aínda que nela está o meu tema favorito do disco "She Brought The Blues (Into My Life)". A versión de do "Let It Be Me" de Gilbert Becaud é absolutamente empalagosa e esquecible.
Link by mail dezaoitorodas@gmail.com
2 comentarios:
La obsesion por el soul en bastantes grupos de aquella epoca tenía , pienso como tú, connotaciones y cierto trasfondo social y de incitación al baile (Barrabás,Conexion,algunos temas de Lone Star y Evolution,... y Canarios)....como posteriormente ocurrió con el sonido "laietano" de salsa y ritmos mediterraneos.Menos mal que el rock siguió su camino evitando los atajos.
muchas gracias. Gran tema el Free yourself
(rafa)
Publicar un comentario