martes, 10 de novembro de 2009

LORELLA Sandy (EP, RCA, 1965)



Agora que aparecen émulas da nosa ursulina navarrica favorita como cogumelos no outono, non está demais lembrar os comezos pop de María Ostiz. Porque sí, a muller que se agocha baixo o italianizante alcume de Lorella non é outra que a muller de Zoco. Non hai moitos datos desta súa primeira grabación, pero as deliciosas notas da contraportada do EP infórmannos que daquela, 1965, tiña 20 anos e estudaba arte dramático en Madrid despois de rematar a carreira de canto no conservatorio de Pamplona, e se examinamos como se debe a galleta do disco rematamos por comprender o porqué do encanto deste disco: o grupo acompañante eran nada menos que os Shakers, unha das lendas descoñecidas do 60’s pop hispano. Só editaron un par de discos a 45 rpm, neles militaba Enrique Morales, un dos hermanos de Junior que acabarían nos Brincos, apareceron en Megatón Ye Yé e foron teloneiros dos Beatles en Barcelona. Eles son os que lle dan as inocentes pero encantadoras cancións de Lorella o empuxe suficiente para que alguén as poda chamar ye yé garaxeiro. Aínda non chegaran os tempos de compoñer algo tan redondo como "No sabes como sufrí", pero xa apuntaba maneiras. Por cousas coma estas case poderemos perdoarlle toda a vida calamidades como "Na veira do mar".

4 comentarios:

angeloso dixo...

ay al descargar el ep nos dice que el fichero de la primera cancion esta dañado Precisamente sandy!!! os agradecería que lo arreglarais para poder disfrutar de esta joyita (quien lo diria de maria ostiz)

18 RODAS dixo...

Prueba otra vez Angeloso, arreglado

angeloso dixo...

Perfecto mil gracias, fantastico blog, teneis un gusto excelente y alucino con las joyas que compartís.

jomaigna dixo...

Muchas gracias por esta joya. Estoy muy interesado en comprar este disco. Si alguien quiere vendermelo me puede escribir a jomaigna-hotmail.com. Pago bien