Era 1965 cando catro mozos deciden formar unha banda que deciden chamar The Herd. Entre eles está un xoven Peter Frampton, vocalista e guitarrista que dez anos máis tarde se converterá en super estrela. O resto son Andy Bown aos teclados, Andrew Steele á batería e Gary Taylor ao baixo. Como centos de esperanzados grupos naqueles días deciden patearse Londres na procura de fortuna e aínda que os seus primeiros singles non funcionan o encontro con Ken Howard e Alan Baikley - compositores de éxito que xa traballaran con Dave Dee, Dozy, Beaky, Mick & Tich e os Honeycombs - fai que a sorte mude. "Paradise Lost", "From The Underworld" e "I Don´t Want Our Loving To Die" os catapultan nas listas de toda Europa con gran sona entre o publico feminino, Frampton arrasaba e incluso e nomeado "Face of The Year" en 1968. Tras un cambio de baterista aínda publican a que considero é a súa mellor canción "Sunshine Cottage". O intento de Peter Frampton de volverse un pouco máis serio e apartarse da orientación para teenagers fará que o grupo acabe por desaparecer. Pouco despois montará Humble Pie con Steve Marriot cos que grabou dous discos para Inmediate. A súa figura nos setentas é ben coñecida por todos sobre todo a partir do 75 con "Frampton Comes Alive!", que chegou a vender dezaseis millóns de copias. O Ep contén os dous primeiros singles para Parlophone "I Can Fly/Diary Of A Narcissist" e "From The Underworld/Sweet William" destacando sobre todas elas "I can fly" unha máis que apreciable canción e mostra de que Howard e Baikley tiñan algo máis que ofrecer.
2 comentarios:
Muchas Gracias,hacia rato que buscaba esto..saludos
Guillermo
Ola, site for The Honeycombs
http://www.thehoneycombs.info
http://www.thehoneycombs.biz
Gracias
:o)
Olli
Publicar un comentario