luns, 29 de decembro de 2008

THE YOUNG RASCALS Groovin´ (EP, Atlantic-Hispavox, 1967)

"Groovin´" e sen dúbida unha das miñas canción favoritas de sempre e foi tamén a que lle deu título ao terceiro Lp dos Young Racals, o último baixo ese nome antes da decisión de acurtarlo e pasar a ser The Rascals a secas. Co tempo convertiríase no mellor dos discos do grupo e, claro está, no máis vendedor grazas á peza homónima que foi un éxito a nivel mundial con versións en italiano e en español. Con "Groovin´" os Young Rascals entraron na era sicódelica sen abandonar esa querencia soul que era parte do seu son nos dous primeiros discos pero ademáis enriquecérono con achegamentos a terreos musicais máis latinos. O Ep publicado por Hispavox inclúe "Groovin´" nas versións inglesa e española, "Sueño" outra das grandes gañadoras do LP e unha peza do seu segundo LP "Collections", o clásico da Motown "Too Many Fish in The Sea".


Ningún comentario: