Activo no descubrimento de novos talentos (como o de Mark Spoelstra) cando vivía en California, non esqueceu a súa propia carreira como cantante, e en 1965 gravou en Vanguard Records, a dúo coa súa muller, un álbum de folk cheo de achados, co título de Celebrations for a grey day. Ese mesmo ano gravaron o ao meu parecer seu mellor álbum, Reflections in a cristal wind, onde Richard Fariña deixou ver un gran futuro como creador dunha música pop particularmente orixinal. Nas súas cancións máis folk trátase dunha continuación do seu primeiro traballo, pero nos temas máis eléctricos, interpretados co acompañamiento dunha banda de rock, combinaba fortes ecos do Bob Dylan de “Bringing it all back home”, xunto con sons irlandeses ou toques hindús. O ingrediente final, ademáis de crucial, era as voces da parella, que soaban totalmente naturáis. Mimi tiña unha voz moito menos chillona que a súa irmá e polo tanto máis agradable.
Este disco parecía que abría innumerables portas polas que podía evolucionar a súa música, pero non tivo tempo de ser máis que un pioneiro: o 30 de abril de 1966, aos vinte e nove anos de idade, pereceu nun accidente de moto, desta morte que, por unha ironía, libraríase pouco despois o seu amigo Bob Dylan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario