Os Pekenikes entran nos setenta coa súa relación con Hispavox a punto de finalizar e con follóns dentro do grupo despois da publicación de "Ss. Ss. Ss. Q. E. S. M. (Sus seguros servidores que estrechan su mano) . O novo contrato con Movieplay trae formación renovada aínda que mantendo tres membros da vella garda: Ignacio Martín Sequeros (baixo e piano), Félix Arribas (baterista) e Vicente Gasca (trompeta), iso si, sen perder esa capacidade para facturar ese tipo de instrumentais que os convertiran en parte da historia da música pop española. A súa andaina en Movieplay a partir do 72 tivo tamén algunhas concesións por parte do grupo como a grabación de temas de composición allea. Despois da adaptación de "Pop Corn" de Hot Butter tocoulle o turno ao "Pepper Box" de The Peppers. A canción é practicamente clavada a orixinal agás por unhas pequenas partes vogais e chegou a ser sintonía do programa "El Gran Musical" da cadena SER. A cara B é "Olé Alí" extraída do seu segundo Lp para Movieplay que non está mal a pesar dos teclados e ten un toque a primitivo rock andaluz.
1 comentario:
Gran portada
Publicar un comentario