martes, 27 de xaneiro de 2009

LOS BÓLIDOS Ráfagas (EP, Dju Dju, 1983) + RNE (1980)

Nese confuso tempo anterior a conversión da Nueva Ola en Movida, Los Bólidos foron o grupo de potencial máis desaproveitado, tanto que nin sequera chegaron a ver publicado ningún disco na súa curta existencia. Naceron en 1979 nos arredores de Paraíso, outro grupo que apuntaba alto, e distingúíanse de todos os seus contemporáneos no seu gusto polo pop acelerado e potente e as cancións de non máis de tres minutos, quizais o único daquela xeneración que verdadeiramente merecería catalogarse como Power Pop, algo así coma uns Nerves madrileños. Sempre coa fama de non soar ben en directo (quen o facía daquela), e de non tomar demasiado en serio a súa carreira, antes de desaparecer en 1981 deixaron unhas espléndidas maquetas das que uns fans tirarían alá por 1983 un EP no que figuraba «Ráfagas», pequeno clásico que debería terse convertido no «Another Girl Another Planet» nacional se neste país houbera algún Nick Lowe que producira grupos coma este. Chegaron a ser portada dun número de El País Semanal dedicado a novos grupos pop, aínda que non apareceron na reportaxe, e a protagonizar, detalle autenticamente tras, un programa daquel inesquecible Vivir cada día da TVE de entón. Na maqueta grabada en RNE en 1980 que achegamos ao EP, dan conta de dez cancións en só dezasete minutos, as catro do disco e outras veloces pílulas de son latoso e embarullado que deixan ver o que puido ser e non foi, e que como en tantos outros casos seguen esperando que alguén as edite de xeito oficial, ao modo desas Peel Sessions ás que tanto zume lle saca a BBC. Calquera que fora un rapaz naqueles anos non pode deixar de sorrir nostalxicamente ante versos como os de «La máquina», deliciosa e espídica oda ao hoxe prehistórico pinball: “Bonus, todos los que se puedan/Extra Ball, arrea esa diana/Especial por el pasillo lateral”.

Aquí poder ler a súa historia máis polo miudo, e ademáis incluímos o espazo que El Zurdo lles dedicou en Música Moderna, o seu lendario repaso ao nacemento da Nueva Ola.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gracias!!!