Despois do merecido éxito do seu primeiro disco "Teenage Depression", Eddie & The Hot Rods fixeron moi boa amizade co guitarrista Graeme Douglas que viña de rematar a súa aventura cos pubroqueiros Kursaal Flyers. O seu ingreso na banda trouxo consigo unha orientación máis pop e tamén unha maior versatilidade do seu son se temos en conta o que viñan facendo ata entón. O primeiro expoñente dese cambio de dirección foi, "Do Anything You Wanna Do", unha peza composta por Douglas e Ed Hollis, e que á postre sería a súa canción máis lembrada e tamén unha das pezas clásicas de finais dos setenta. Como podedes comprobar o single saiu baixo o nome de The Rods. A cara B "Schoolgirl Love" era inédita e non aparecería no seguinte LP "Life on the line"
Ningún comentario:
Publicar un comentario