 Esta é a edición que saiu en España a finais dos setenta cando AUVI distribuía o catálogo de Charly que a súa vez facía o propio cos vellos discos de Inmediate. A portada como podedes comprobar non se parece nada á orixinal e como en case todas as edicións de Auvi eran un pouco cutres e case un centímetro máis pequenas que as normais, a veces meter o disco con funda de papel é un coñazo. "Kafunta" tivo como productor a Andrew Loog Oldham que tamén foi o encargado de seleccionar o material, cun criterio un puco particular. Da cara A destacan "Letter To Bill", unha boa adaptación de "God Only Knows" e a peza máis popular do disco, "Angel of the Morning". Os dous temas dos Beatles "Yesterday" e "Eleanor Rigby", non aportan nada. O mellor da cara B son a interpretación do "It´ll Never Happen Again" de Tim Hardin, o "To Love Somebody" dos Bee Gees e o terceiro intento de Oldham con "As Tears Go By" tras Marianne Faithfull e os propios Stones.
Esta é a edición que saiu en España a finais dos setenta cando AUVI distribuía o catálogo de Charly que a súa vez facía o propio cos vellos discos de Inmediate. A portada como podedes comprobar non se parece nada á orixinal e como en case todas as edicións de Auvi eran un pouco cutres e case un centímetro máis pequenas que as normais, a veces meter o disco con funda de papel é un coñazo. "Kafunta" tivo como productor a Andrew Loog Oldham que tamén foi o encargado de seleccionar o material, cun criterio un puco particular. Da cara A destacan "Letter To Bill", unha boa adaptación de "God Only Knows" e a peza máis popular do disco, "Angel of the Morning". Os dous temas dos Beatles "Yesterday" e "Eleanor Rigby", non aportan nada. O mellor da cara B son a interpretación do "It´ll Never Happen Again" de Tim Hardin, o "To Love Somebody" dos Bee Gees e o terceiro intento de Oldham con "As Tears Go By" tras Marianne Faithfull e os propios Stones. Video de Angel of The Morning
Peich de P.P. Arnold
 
2 comentarios:
thank you verry much for all post
obrigada
Great post. Thanks a lot.
Publicar un comentario