mércores, 7 de xaneiro de 2009

WE´RE NORMAL AND WE WANT OUR FREEDOM A Tribute To Arthur Lee and Love (3X10", Alias, 1994)

Aquí tedes un triple dez pulgadas editado orixinalmente nun bonito vinilo verde e amarelo por Alias hai xa quince anos, co pretexto de rendir tributo á música de Arthur Lee e Love con título sacado dunha liña da canción "The Red Telephone". O que acostuma a suceder nos discos tributos, tan de moda hai uns anos, é o xeito no que os grupos participantes abordan a versión. Están aqueles que practicamente se dedican a reproducir a orixinal sen negún cambio e hai outros que optan por cambiala totalmente o que pode levar a un resultado novidoso ou simplemente a facela case irrecoñecible. No caso deste "We’re All Normal And We Want Our Freedom" e ao longo dos 21 temas aparecen reflectidos os dous casos aínda que non sei como hai bandas que se atreven a tentar unha nova lectura de cancións que un pensa xa son inmellorables. Góstamne "Willow Willow" por Eggs, "Robert Montgomery" na interpretación de Urge Overkill, "Message To Pretty" por David Kilgour, "¡Que Vida!" por Uncle Wiggly, "Softly To Me" por The Gamma Rays, "No Matter What You Do" de Love Battery e sobre todo a miña favorita do disco "Bummer in The summer" por Smack Dab. Como contrapunto a peor sen dúbida e adaptación que fan os Teenage Fanclub de"Between Clark And Hilldale".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gracias, complicado versionear a esa barbaridad de grupo que fue Love, pero algunos incluso salen airosos del reto. Otros, en mi opinión, no tanto.

Saludos,

Carlos.