Os Mustang, conxunto polo que non sinto ningunha devoción, foron un dos grupos máis recoñecidos da escena barcelonesa dos sesenta. Formados a principos do 62 con Santi Carulla como cantante, Marco Rossi á guitarra solista, logo reemplazado por Juan José Calvo, Antonio Mercadé á batería, Antonio Mier á guitarra ritmica e Miguel Navarro ao baixo, son lembrados fundamentalmente polas súas versións, nun principio adicáronse as cancións italianas e francesas do momento para logo convertirse en especialistas dos Beatles, de feito vendían máis a súas xerocopias que os orixinais. Hoxe traemos este Ep do 65 con dúas adpatacións realmente esquecibles do "Help" e do "Yesterday", que horror, ademáis de "Capri c´est fini" de Herve Villard. A razón fundamental para engadilo é "No vendrás", unha das escasas composicións propias do grupo e que está bastante ben, dentro dun estilo garaxe-beat que non cultivaban a miúdo.
Los Mustang
Ningún comentario:
Publicar un comentario