Onte morreu Dani Carchenilla coñecido familiarmente por Dani Púlsar xa que ese era o nome do seu grupo, en realidade un dúo, a outra parte era Nacho García. Eles editaron no 2002 unha maqueta, "Un Momento Pop" que non estaba nada mal e que nos convenceu para que tocaran no Felipop 2005 pero, a última hora e coas cancións xa ensaiadas, os dous mercenarios que tiñan para vir decidiron que o que facían non lles gustaba e os deixaron tirados. Non sei Nacho, pero Dani sentiuno de verdade, cousa que me foi lembrando os seguintes anos que veu ao festival. Pouco antes da cancelación da súa actuación fíxome chegar esta demo apropiadamente titulada "Rumbo al Norte". Sentímolo moito.
O seu Fotolog
Ningún comentario:
Publicar un comentario