xoves, 29 de xaneiro de 2009

P.P. ARNOLD Kafunta (LP, Charly-AUVI, 1978)

A historia de P.P. Arnold comenzou como vocalista para o ídolo xuvenil Bobby Day antes de entrar nas Ikettes o grupo vocal que acompañaba a Ike and Tina Turner. Arnold estivo de xira por Inglaterra con eles e no mesmo paquete estaban os Rolling Stones. Mick Jagger acabou por convencela de que quedara en Londres e con esos contactos non é estrano que fichara por Inmediate, o selo do manager dos Stones Andrew Loog Oldham. Os propios Loog Oldham e Jagger estiveron detrás do seu debú apropiadamente titulado "The First Lady of Immediate" en 1967, no que viña a súa canción máis coñecida, a versión de "The First Cut Is the Deepest" de Cat Stevens. "Kafunta" foi o seu segundo e último disco para Inmediate. Esta é a edición que saiu en España a finais dos setenta cando AUVI distribuía o catálogo de Charly que a súa vez facía o propio cos vellos discos de Inmediate. A portada como podedes comprobar non se parece nada á orixinal e como en case todas as edicións de Auvi eran un pouco cutres e case un centímetro máis pequenas que as normais, a veces meter o disco con funda de papel é un coñazo. "Kafunta" tivo como productor a Andrew Loog Oldham que tamén foi o encargado de seleccionar o material, cun criterio un puco particular. Da cara A destacan "Letter To Bill", unha boa adaptación de "God Only Knows" e a peza máis popular do disco, "Angel of the Morning". Os dous temas dos Beatles "Yesterday" e "Eleanor Rigby", non aportan nada. O mellor da cara B son a interpretación do "It´ll Never Happen Again" de Tim Hardin, o "To Love Somebody" dos Bee Gees e o terceiro intento de Oldham con "As Tears Go By" tras Marianne Faithfull e os propios Stones.
Peich de P.P. Arnold

2 comentarios:

Anónimo dixo...

thank you verry much for all post
obrigada

Anónimo dixo...

Great post. Thanks a lot.