A historia comenza nos Estudios Craighall de Edimburgo onde traballa Billy Lyall que en compaña do baixista David Paton e durante case dous anos van apoveitando as horas mortas de estudio para da forma as súas propias maquetas. Como necesitaban baterista chamaron a Stuart Tosh e ao guitarrista Ian Bairnson aínda que este dixo que non se sentía preparado para meterse en algo serio pero a partir do segundo LP xa estivo a xornada completa. Foi a EMI a que se interesou polas demos e en 1974 aparecía o seu primeiro single "Just a Smile" que aínda que non foi éxito xa adiantaba o que ían ofrecer: grandes cancións popeiras con estribillos moi pegadizos e sempre con bonitas voces. Do seu seguinte intento "Magic" que se pode dicir, un clásico imperecedeiro e un merecido triunfo que mantiveron moi dignamente ao longo de tres elepés. Do seu primeiro "From The Album of The Same Title" (1974) o máis completo dos tres, aparecen nesta compilación sete temas. Do seu segundo disco "Second Flight" (1975) van catro incluída a gañadora "January" e "Call Me Round" outro dos seus bos momentos. Antes de viaxar a Canadá para gravar o seu terceiro LP "Morin Heights" (1976) Billy Lyall decide deixalo e concentrarse en escribir e producir, canso de esa identificación cun produto xuvenil. O disco tamén ten seus bos momentos que aparecen recollidos neste Lp, falamos de "Canada" e "Penny in My Pockett". Stuart Tosh foi o seguinte en abandonar e fichar por 10cc mentras que Patton e Bairnston aínda fixeron un disco máis como dúo pero esquecible totalmente para acabar no Alan Parsons Project que curiosamente fora o encargado de producir os seus dous primeiros elepés.
Hai moitos video deles pero este gustoume especialmente, Ian Bairnson está fantástico.
Link by mail dezaoitorodas@gmail.com