Pouco sei de Bill Lovelady e a verdade non lembro que me chamou a atención para levarme o disco pero probablemente fora o prezo. A primeira cara é case toda de reggae é inclúe o seu éxito "Reggae for it now" cunha bonita harmónica ademáis dunha adaptación tras de "The House of rising sun". A sorpresa está na cara B que é como se fora un disco distinto, máis soft-pop e onde Bill fai gala da súa habilidade para transformarse vocalmente por momentos en David Bowie "Staircase To The Sky", Bob Dylan na excelente "My Good Friend" ou Ian Hunter en "The Name of The Game", agradable, nada máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario