mércores, 8 de abril de 2009

THE ATTACK Final Daze (Get Back, 2001) @



The Attack, a pesar da súa escasa produción discográfica, son especialmente reverenciados polos amantes da sicodelia e o freakbeat británico da segunda metade dos sesenta e noutros casos por aqueles que ven neles á banda na que diron os primeiros pasos os guitarristas Dave O´List, futuro membro de The Nice e John DuCann que estivo en Andromeda e Atomic Rooster. Aínda así e a pesar do reducido do seu legado deixaron algún que outro momento memorable do xénero en pezas como "Colour of My Mind" ou "Magic in The Air".

Este Lp, "Final Daze" editado tamén en CD con máis cancións, recupera parte do que xa aparecera en "Magic In The Air" unha recopilación incompleta da banda publicada en Lp e Cd nos primeiros noventa. Boa parte dos temas tamén están incluídos na última antoloxía editada en Cd por RPM "About Time!", quizáis a definitiva. O disco céntrase nas gravacións realizadas pola última formación da banda que incluía ao infatigable vocalista Richard Shirman, o único que estivo desde o principio, John DuCann á guitarra, Roger Dean ao baixo e o baterista Keith Hodge entre a segunda metade do 67 e a primeira do ano 1968.

O punto de partida é a gravación do seu cuarto single que comenza coa presión do selo discográfico para substituir a elección do grupo para cara A "Magic in The Air" por algo menos heavy, finalmente a escollida será a máis ñoña "Neville Thumbcatch". Aínda que o disco non vendeu moito ofrecéuselles a oportunidade de gravar un novo sinxelo que incluiría dúas fantásticas cancións "Feel Like Flying" e "Freedom For You" e que dalgún xeito servirían de anticipo a todo un Lp que xa tiña título "Roman of Gods" pero Decca seguindo a política da casa dílles claramente "Catro singles, ningún éxito, xa sabedes...". Así que a pesar de estaren sen contrato os rapaces seguiron gravando e mantendo nas cancións o clásico son guitarreiro da banda mesturado coa afección soul, pero xa claramente inflenciados polos últimos Yardbirds, The Move e evidentemente polos power-tríos tipo Cream ou a Jimi Hendrix Experience. Se lle sacamos as últimas cancións de cada cara que non deixan de ser unhas conachadas con pinta de jam para quencer e a versión do "You Know He Did" dos Hollies na que só habería que destacar o punteo, o resto non están mal, algunhas incluso diría que moi ben como ás xa mencionadas "Feel Like Flying" e "Freedom For You" ás que habería que sumarlle "Strange House", a miña favorita do Lp, a macarra "Mr Pinnodmy´s Dilemm" onde esas novas influencias vénse claras, as dúas versións previas de futuras cancións de Andromeda "Go Your Way" e "Too Old" e tamén os intentos cara cousas máis pop a fin de engatusar a algún selo como en "Now The Sun Shines" cunha bonita guitarra. Ollo, a anunciada "Magic in The Air" non aparece no vinilo e tiven que rescatala do Cd homónimo. Por último decir que o son evidentemente non é Stereo Convertible nen cousas parecidas, son maquetas, moitas veces gravadas nunha soa toma pero dan idea da orientación que tomaba o grupo e que parecía ía por bon camiño. Para unha biografía completiña mellor que vos pasedes por Marmalade Skies

1 comentario:

Anónimo dixo...

THANK you!
Great blog you have, i just found your blog!