mércores, 8 de abril de 2009

ANSIA DE COLOR Varios (EP, Ansia De Color, 1990)



Continuamos rescatando máis temas díficiles de atopar dos Negativos, neste caso coa fantástica "Parque Portugués" que tamén, creo lembrar, apareceu nun dos discos editados por Al.leluia e incluso no seu recente último traballo, o estupendo "Dandies entre basura", aínda que cuns arranxos distintos . A canción formaba parte dunha maqueta de tres temas gravada en setembro do ano 1989 con nova formación despois de superados os asuntos militares. O Ep, editado polo fanzine barcelonés Ansia de Color, complétase coa segunda aparición vinílica dos nosos benqueridos Imposibles cun tema rizmanbluseiro asinado por Paco Poza "Things for you", ademáis dos americanos Mystic Eyes, grupo do meu agrado que colaboran con "One of the Ones" e por último os esquecibles World of Distortion que fan honra ao seu nome cunha versión en directo realmente coñazo de "Better of Dead" orixinal de La Peste.

Cara A
LOS NEGATIVOS Parque Portugués (1:47)
MYSTIC EYES One Of The Ones (3:02)

Cara B
LOS IMPOSIBLES Things For You (2:51)
WORLD OF DISTORTION Better Of Dead (2:26)

Ningún comentario: