Os Chambers Brothers eran orixinarios de Misissippi pero acabaron instalados en Los Angeles nos primeiros sesenta onde deron forma ao grupo con George ao baixo, Willie e Joe ás guitarras e Lester á armónica. Pasaron case todo o ano 1964 dándose a coñecer no circuíto folk da cidade cunha mestura de folk e gospel aínda que a Mahalia Jackson que mandaba moito non lle gustaba que a música relixiosa saía fóra das igrexas e continuamente os atacaba dende o púlpito. A súa sona foi medrando e son invitados a participar no festival de Newport do 65 o mesmo no que Dylan e a Paul Butterfield Blues Band deciden darlle un novo e definitivo pulo ao folk tradicional. Os Chambers Brothers son contratados para o festival para facer gospel exclusivamente e aínda que van con guitarras eléctricas a organización pensa que se comportarán como os Staple Singers tipos realmente tranquilos. Despois dunhas cancións nesa liña deciden que teñen que aproveitar a oportunidade e deciden darlles algo novo e máis eléctrico á concurrencia, a canción escollida é "Time Has Come Today" un tema que viñan de compoñer e que tiña espíritu máis folk-rock protestón. A reacción do público foi incríble, non así a dos organizadores que xuraron que non volverían a actuar máis no festival. As lendas din que incluso tocaron para Dylan nunha festa privada a mesma noite do famoso incidente e que foron invitados a facer coros en "Highway 61 Revisited". A finais dese ano deciden roquerizarse definitivamente e eganden un batería, Brian Keenan que tocara nos Manfred Mann na etapa previa ao "Doo Wah Diddy Diddy". Despois de dous duros anos recorrendo todo o país publicaron "Time Has Come" o seu disco máis lembrado sobre todo pola presenza de "Time Has Come Today" esa xoia de soul sicodélico de once minutos. Da canción xa fixeran un primeiro intento en 1966 con vistas a un single que finalmente non se publicou, esa versión non pasaba dos dous minutos e medio nin tiña esa tolemia sicodélica que a convertiron en clásica. O resto do disco non ten nada de sicodélico pero si hai soul-rock moi resultón en "All Strung Out Over" e "I Can´t Stand It", tamén un pouco de blues "Romeo and Juliet" e varias versións resoltas de maneira apañada especialmente "In The Midnight Hour".
Adicado ao noso presidente que ten en "Time Has Come Today" unha das súas cancións favoritas de sempre, iso di con nocturnidade.
English bio
Adicado ao noso presidente que ten en "Time Has Come Today" unha das súas cancións favoritas de sempre, iso di con nocturnidade.
English bio
1 comentario:
Este fue uno de los mejores grupos soul-funkie. Su versión del I can't turn you loose es la mejor que he escuchado. Que no pasen desapercibidos.
Publicar un comentario