Para quen saiba algo de 18 RODAS non ignorará a permanente fascinación e bondadosa influencia que sobre o seu Consello de Administración Musical exerce XTC, máxima encarnación da requintada mestura de experimentación e xenio melódico na últimas tres décadas de historia musical. Pois ben, a falta de novidades desde "Wasp Star (Aple Venus 2)" de 2003, o baleiro pode ser perfectamente cuberto para o que resta de década e boa parte da seguinte coa recomendable caixa que Andy Partridge editou no seu selo Ape Records hai un par de anos: a serie "Fuzzy Warbles" que recolle nove discos do líder de XTC. Trátase de diferentes versións de temas da banda, de bromas musicais, de bandas sonoras de películas infantís, de pastiches que tan bo resultado deran cos Dukes of the Stratosphear (Beatles, Beach Boys, Bubblegum...), de experimentacións e dunha enorme cantidade de sinxelos potenciais que non desmerecerían figurar nun recompilatorio tipo "Fossil Fuel". Como sabemos que Andy non actúa ao vivo e o seu soldo vén da venda de discos e de royalties, non nos daba boa conciencia colocar aquí a caixa, que vos a baixarades e que nin deixarades un só comentario como adoitades facer, así que fixemos unha mínima escolma necesaria de vinte temas, para que a descarguedes aínda que non deixedes nin un mísero comentario de agradecemento. En calquera caso aquí fixemos un best of de "Fuzzy Warbles" no que non incluímos adrede versións ou demos da banda nin dicimos de que volumes proceden os temas, que cun excelente son dan idea da potencia e a boa forma na que anda Andy.
Nota: Hai na rede outro "best of" de máis cancións centrado nos seis primeiros volumes de "Fuzzy Warbles", pero este que vedes aquí e agora é o bo, isto é, o best of dos best of de "Fuzzy Warbles" de Andy Partridge. Vale.
Nota: Hai na rede outro "best of" de máis cancións centrado nos seis primeiros volumes de "Fuzzy Warbles", pero este que vedes aquí e agora é o bo, isto é, o best of dos best of de "Fuzzy Warbles" de Andy Partridge. Vale.
Link by mail dezaoitorodas@gmail.com
4 comentarios:
El disco es realmente precioso, pero tengo una duda ¿requintada es lo mismo que Austrohúngara?
Thanks, Bill
Sobre todo o Consello de Administración Musical de 18 Rodas non. Nunca entendín esa fascinación por parte de xente á que eu teño en grande valoración no relativo aos gustos musicáis (e tamén noutros aspectos) por un grupo que eu considero que é o peor que se pode ser no mundo do pop: aburrido en grado sumo. Como positivo tan só podo dicir que aportaron algo, e tampouco para botar foguetes, no relativo aos Dukes of the Stratosphear. Así que como se deduce do anterior, non estou de acordo co comentario deste disco e querría que a min no me metesen no mesmo saco de admiradores deste grupo. En canto ás influencia, sobre min non tiveron ningunha: nin beneficiosa, nin maléfica.
Gustavo.
Espero que as cancións sexan mellores que a portada.
Publicar un comentario