mércores, 8 de abril de 2009

LOS MODELOS Los Modelos (MLP, MR, 1983)


Entre 1981 e 1983, polo menos en Madrid, a afección estaba dividida entre os seguidores dos “babosos” e os das “hornadas irritantes”. Entre os que formaban nas filas destas últimas atopábanse grupos coma Derribos Arias, Glutamato Ye-yé, Sindicato Malone, Pelvis Túrmix ou Ciudad Jardín. Tódolos que crían que debían estar á última tiñan a obriga de apoiar a estes. Vamos, era o que procedía: se dicías que che gustaban máis os babosos podíache caer unha boa. Eu polo menos non me atrevía, xa que non había case nada peor que ser un baboso, aínda que en realidade na intimidade da miña casa gozaba como un enano con eles e o das hornadas, que como movemento era moi divertido e radical, musicalmente non me dicía case nada.

O paso do tempo coido que me deu a razón xa que quen se acorda de grupos como Pelvis Túrmix, Sindicato Malone ou Ciudad Jardín? Glutamato Ye-yé nunca deixaron de seren un mal chiste e Derribos Arias, que eran os mellores con diferenza de entre todos eles, resultaban demasiado marcianos como para interesarme. Entre os babosos formaban grupos como Los Secretos (na súa primeira etapa, a dos seus tres primeiros discos en Polydor, que é a única que merece a pena, xa que posteriormente convertéronse nun grupo absolutamente ramplón, case case coma Los Limones), Mamá, Nacha Pop, Tótem (que eran o súmmum do baboso, os mestres: había que ir escoitalos con babeiro. Calquera día subo o seu elepé) ou Los Modelos, que editaron en 1983, cando xa non existían como grupo, este mini elepé que vos presentamos, con media ducia (¿para que máis?) de gloriosas e acarameladas cancións que soan increíblemente ben pensando que non eran máis que unhas maquetas gravadas entre 1980 e 1981.
Tede coidado coas subidas de azucre!!!

O noso colega Cesar Prieto ven de reeditar o disco así que tirade do peto para mercalo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que pasa!! Aquí un fan de Glutamato que está deseando que subas el mini Lp de Episodio, babosos de engolada voz que grabaron canciones cojonudas. Sólo por Volverte a conocer merece la pena, y también tienen una bonita versión de Chris Spedding. Pero Glutamato eran más que un mal chiste, aunque no siempre...

El rey del After-sun

icheyenne dixo...

Estoy de acuerdo, "Volverte a Conocer" es un temazo como la copa de un pino!!! Súbelo ya!!

jagpsa dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.