martes, 28 de xullo de 2009

FARGO I See It Now (LP, RCA, 1969)



Un regaliño que me trouxo o outro día Daniel que levaba un tempo falando marabillas da primeira canción deste disco "'Round About Way of Describing Our Situation" e a verdade non estaba errado pero é que esqueceu dicirme que o resto do disco era igualmente bonito, cheo de arranxos variados e sorpresas kinder, sempre dentro dun tono complacente e bastante relaxado ao que probablemente axude o plis que me estou fumando. Estas son as notas da contraportada.

Dean Wilden and Tony Decker are FARGO. Their home is Salt Lake City, Utah. People who meet them or hear their music find that fact incongruous, for thinking of Salt lake City brings to mind the Tabernacle with its mysteries and its majesty and the descendents of Brigham Young quietly living their lives by that oddly isolated sea in the heartland of America. Somehow it's hard to imagine young contemporary singers-composers at work against this backdrop.

Twenty-one years of living in and around Utah and Colorado have been etched into their memories and have made the personalities of Tony and Dean. A mother plays the violin to entertain her children; a father softly strums his guitar in the evening; Sundays echo the magnificent music of the church. There is always music-choir practice, school concerts and the radio bringing in the sounds of New York, Nashville and Hollywood. Two distinct musical personalities evolve, and upon meeting they merge, and the half thought-out melodies of childhood can no longer wait to become songs.

I See It Now by Tony and Cross with No Name by Dean are new songs about Jesus, A Castle in Wales is about a castle in Wales, unless you want to search for hidden meanings. Lady Goodbye is a timeless morality ballad.

Here are Tony Decker and Dean Wilden with their songs and music, Not New York, Nashville or Hollywood - not even pure Salt Lake City - just FARGO.

martes, 21 de xullo de 2009

SIGLO XX Algo Que Nos Pasó / Cerca Del Río (Ariola, 1970)



Outra produción de Tony Ronald neste caso a dos cataláns Siglo XX que deixaron este único single. "Algo que nos pasó" é unha adaptación de "Think It All Over" de Chris Andrews e parece que tivo certos problemas coa censura pola súa inocente letra, musicalmente esta preto da parte máis pachangueira dos Diablos e non vale nada. Todo o contrario que "Cerca del Rio" unha gañadora hardroqueira con espíritu pop a base de guitarras distorsionadas, moi boa. Este tema foi incluído na compilación "Spanish Trip" publicada hai uns anos.

DIVINA COMEDIA Sindy / Tan Solo (Ariola, 1971)


En realidad Divina Comedia eran Los Beta que ya habían grabado "Sindy" el año anterior como cara B de su single "Roly Poly" pero ya que la canción era super pegadiza y tenía un gran un gran estribillo decidieron darle una nueva oportunidad. "Tan Solo" no me dice tanto, la letra es de oso-osita, pero tiene su punto instrumentalmente. La foto de la portada es de aquel icono del Popular 1, Martin J. Luis que por entonces estaría buscándose las habichuelas y la producción de Tony Ronald. Gracias a Viejo Pick Up por la información.

EPOCA No Estoy Bien / Buscaré otra chica (Ariola, 1971)



A historia deste grupo comenza cando tres dos músicos que acompañan a Georgie Dann nos primeiros 70, Mario Balaguer, guitarra, Alberto López batería e Enrique Milián baixo, deciden montar un trío hardroqueiro ao xeito dos grupos que en realidade lles gustan, cousas na liña de Deep Purple, Black Sabbath e sobre todo Cactus. A finais do 71 e con axuda de Tony Ronald gravan para Ariola un single baixo o nome de Época. Os dous temas, ambos firmados polos membros da banda "No estoy bien" e "Buscaré otra chica", son dúas macarradas formidables, do mellor feito en España nos primeiros setentas e en castelán dentro dese estilo. Na portada xa avisan: "Atención: reproducir a fuerte volumen". O single non tivo repercusión así que voltaron con Georgie, todo un seguro de vida e seguiron preparándose para a súa seguinte e exitosa aventura: Santabárbara

TRASHUMAS Llora Mi Guitarra / Busco Tu Sangre (Polydor, 1972)



A única información que teño de Trashumas e que viñan de Valencia e que posiblemente estas sexan as únicas cancións que rexistraron. As dúas están asinadas por Miguel Gastaldo Riera que despois continuaría una carreira en solitario que descoñezo pero pola pinta das portadas que vin por aí parece que dentro do xénero lixeiro. "Llora mi guitarra" é unha conachada chicleteira sen graza pero "Busco tu sangre" é realmente friki e inesperada xa dende o título que parece prometer unha historia de vampirismo e de feito o tema comenza cun ambiente de pelicula de terror xusto antes de que entren os ventos e un vocalista voluntarioso, só voluntarioso, con certo toque soul. Curiosa, nada máis, aínda que hai quen pensa o contrario, por exemplo o típico vendedor deste tipo de produtos sesudos.

Killer spanish freakbeat/soul track with evil-psych intro from 1972...Top hypnotic rhythm with driving bass, pounding drums, soulish horns, proggy flute and cool organ in the background. Ultra rare unique 45 by this obscure and little-know band from Valencia.

domingo, 19 de xullo de 2009

NIRVANA Ao Vivo no Felipop 2004

Naqueles tempos no que o 18 Rodas aínda era unha publicación escrita o noso redactor Nico Estrume púxose en contacto con Patrick Campbell Lyons para un artigo que estaba a facer sobre os Nirvana británicos. Patrick resultou ser un tipo encantador así que uns anos despois e aproveitando esa relación voltamos a falar con el sobre a posibilidade de reunir de novo a Nirvana para que tocaran en Limodre no Felipop 2004. Como solíamos facer naqueles anos recurrimos aos nosos queridos e sempre dispostos Bronco Bullfrog para ver se querían ser a backing band do proxecto, bueno, a Mike a idea non lle gustou en exceso e dixo non. Despois dun par de ensaios en Londres nos que o outro membro orixinal do grupo Alex Spyropoulos non puido participar por problemas físicos, preséntaronse en Limodre cunha formación que incluía aos bronquitos Andy Morten á batería e Louie Wiggett ao baixo, Patrick Campbell á voz, un guitarrista filigraneiro de nome Keith Smart, colaborador habitual de Lyons nestes últimos anos, a súa muller Francine facendo coritos e outra rapaza aos teclados da que non lembro o nome.

O concerto a priori tiña o risco de se converter en algo realmente tras pero non foi o caso, e algúns dos temas quedáronlles realmente ben e boa parte do público fixo os coros de rigor nos estribillos incluído un sorprendido Magín Blanco, aínda que nunca se lle pode facer moito caso ao rúes. Patrick creo que o pasou tamén bastante ben porque decidiu prolongar a súa estancia un par de días máis e a pesar da súa idade aguantou como un titán, as lendas din que foi capaz de tumbar ao entón heroe da nocturnidade, Kabaloff que as oito da maña pediu clemencia. Tamén memorable foi a noite do domingo en casa Ardá con Patrick contándonos o show que compartiran con Dalí na televisión francesa e na que os membros do grupo acabaron todos pintados, onde terei aquela camisa? dicía Patrick. Tamén esa noite e xa un pouco calzado decidiu coller a guitarra para tocar un par de temas tradicionais irlandeses, foi terrible, basta dicir que había coarenta anos que non collía unha guitarra. En fin... anécdotas varias, hai máis pero hai que ser educado, que sería de nós sen todas as conachadas que rodean ao mundo do espectáculo.

01-I BELIEVE IN MAGIC (5:35)
02-ORANGE AND BLUE (4:09)
03-RAINBOW CHASER (2:57)
04-DARLING DARLENE (2:46)
05-PENTECOST HOTEL (4:22)
06-MELANIE BLUE (3:02)
07-WINGS OF LOVE (3:36)
08-SATELITE JOCKEY (3:32)
09-ALL OF US (3:58)

Remexendo a posteriori pola internet atopei este comentario bastante simpático de alguén que apareceu en Limodre un tanto despistado, é absolutamente real.

Hola, yo un jevi de pro maño :), y por causas del destino que no viene a cuento, estuve el viernes noche en un festival llamado Felipop en Limondes (A coruña), la verdad que no me habia visto nunca en una de estas porque normalmente se lo que voy a ver mas o menos, no recuerdo el nombre del primer grupo (trio) que vi, no me disgusto, una mezcla de Beatles, Oasis, etc con alguna cancion cañera que estuvo bien, esta claro que ese no era mi sitio :), mi curiosidad vino porque el bajista y bateria del grupo tocaban con el siguiente grupo que eran las estrellas del festival un grupo muy conocido :? de los años 60, donde un cantante ya entrado en años tocando una pandereta iba acompañado de otra teclista entrada en años y unos jovenes en comparación con ellos. A la tercera canción y en un claro acto de sacrilegio para los fans de este grupo me fui con la maría y el lsd de los años 60, alguien les veria algo yo nada, yo solo oi un grupo del que deben de quedar el cantante y la teclista originales y que se pasean ahora con mas pena que gloria, solo hay que ver que el bajista y el bateria disfrutaron y se entregaron mucho más en la actuación anterior. Alguien los conoce y me puede decir algo de ellos? Gracias y un saludo.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


luns, 13 de xullo de 2009

JOHNNY PATE You Can Even Walk In The Park/Shaft in Africa (Single, ABC, 1976).



Non hai que negar que José María Íñigo tiña bo gusto a hora de escoller as síntonías para o seu programas así que cando chegou Directísimo decidíuse por este impresionante "You Can Even Walk In The Park" composto por Johnny Pate e que aparecía na banda sonora de "Shaft en África", a terceira parte da triloxía do detective negro desta volta tratando de acabr cunha rede de trata de esclavos.

martes, 7 de xullo de 2009

A BAND OF ANGELS Invitation (EP, PYE-Vogue, 1966)



A Band Of Angels son lembrados sobre todo por seren a banda onde comenzou o futuro vocalista de Manfred Mann Mike d'Abo, substituto de Paul Jones cando este decidiu seguir carreira en solitario, o resto dos membros eran John Edward Baker (guitarra solista), John Christian Gaydon (guitarra de ritmo), Andrew Charles Malcolm Glywn Petre (baterista) e David Robert Wilkinson (baixo). Entre 1964 e 1966 deixaron catro singles e este EP que recolle precisamente os dous últimos traballos editados para o selo Picadilly sendo os temas que máis me gustan os de orientación pop-soul "Invitation" e "Cheat and Lie". En anos posteriores Gaydon foi manager de King Crimson, Emerson, Lake & Palmer, T. Rex e Roxy Music mentras que Petre estivo nos nosos queridos Timebox.


domingo, 5 de xullo de 2009

SUNDAE TIMES Baby Don´t Cry - Aba-Aba (Single, Sintonía, 1969)



The Sundae Times foron, según din as lendas, o primeiro grupo británico completamente integrado por membros de color e que tiveron a sorte de seren descubertos por Eddy Grant, naqueles días nun dos seus momentos álxidos de popularidade grazas aos Equals. O mesmo Eddy compuxo e ocupouse da produción destes dous temas que evidentemente teñen moito parecido co son dos Equals sobre todo en "Baby don´t cry" . A súa cara B "Aba, Aba" foi un relativo éxito en Israel. Aquí tedes o maiespeise do seu baixista Fuzzy Samuel.

venres, 3 de xullo de 2009

THE GROOP La Canción Del Jet - Un Famoso Mito (Single, Stateside, 1969)



Dúas pezas de soft pop, harmony pop ou como se lle queira chamar con tódala parafernalia á que nos ten acostumados este tipo de xénero: bonitas harmonías vocais, arpas molonas, florituras nos arranxos, .... Estos The Groop non son os australianos senón unha bada de los Angeles que incluso aparecían na banda sonora de "Cowboy de Medianoite". O seu disco está reeditado por Sundazed.

THE ROCKY MEN The Fantastic Rock´N Roll Story (LP, CFE, 1975)

Cuando voy de mercadillos no me gusta volver a casa con esa sensación de paseo infructuoso así que en el último de ellos decidí llevarme este elepé de los Rocky Men después de regatear con el gitanillo para que me lo dejara a un euro. El disco casi en su totalidad se centra en versiones de la época clásica del rock´n´roll, Little Richard, Elvis, Chuck Berry,... más una de la Creedence e incluso Hollies. La más sorprendente es "Roll over Beethoven" que no utiliza como inspiración la original sino la de la Electric Light Orchestra. El disco en lineas generales se deja oir gracias a la buena selección de canciones pero les falta mala leche, en ese mismo año una banda de pub rock habría hecho maravillas con ese repertorio.

xoves, 2 de xullo de 2009

Futebol é Futebol

Nestes días de presentacións grandiosas con Floren e Di nos telediarios das distintas canles, de xogadores de millóns de euros, o meu equipo de sempre só puido fichar a un descoñecido lateral esquerdo colombiano de nome Brayan Angulo procedente do Leixoes portugués, polo módico prezo de cen mil euros. Iso da idea da enorme diferenza coa que o resto dos equipos afrontan a súa propia liga dentro da Liga e aínda así como o futebol é futebol esperamos que sucedan milagres como o daquela noite na que case todos disfrutamos do mesmo, porque ás veces esas cousas pasan. Adicado con moito cariño a tódolos madridistas e a Antena 3 que non puido celebrar a festa que tiña preparada.



mércores, 1 de xullo de 2009

DION Abraham, Martin y John - Papaíto En Tus Brazos (Single, Hispavox, 1968)

"Abraham, Martin and John" supuxo o rencontro de Dion co éxito e a volta ao negocio despois duns anos escuros con problemas de drogas incluídas. A canción fora composta polo cantante de rockabilly Dick Holler, autor tamén de pezas friki-tras como "Snoopy Versus The Red Baron" para os Royal Guardsmen, e pretendía ser un tributo a Abraham Lincoln, Martin Luther King e John F. Kennedy. Da canción fixeron adaptacións entre outros Ray Charles, Kenny Rogers, Marvin Gaye, Smokey Robinson e incluso Miguel Ríos cando era medio hippie se atreveu con ela. A min gústame moita máis a cara B "Daddy Rollin´ (In Your Arms" na que Dion aparece como unha especie de bluesman negro acompañado por un grupo que nada ten que envidiar á Velvet Underground conseguindo un son que pouco ten que ver co que fixera anteriormente. Dion fala do tema:

This one's kind of multi-dimensional. It can be a love song or it can be about drugs. I recorded it in the back of a bowling alley with a bunch of Jamaicans. We were banging on cardboard boxes. I had my Gibson Birdland guitar and we just let it roll.