venres, 14 de novembro de 2014

LESLIE NIELSEN (LESLIE) - Demos e Máis 1999-2004



Os Leslie Nielsen, posteriormente Leslie, foron un cuarteto de Getxo que funcionou entre 1999 e 2004. Durante ese tempo rexistraron tres demos e un Cd. Teño que recoñecer que sempre fun moi fan do grupo así que cando me preguntaron se tiña algunha maqueta deles decidín facer esta compilación coas pezas que máis me gustaban desas demos, excluíndo algunhas das que logo publicaron oficialmente. Para completar rescatamos catro temas en directo gravados na súa participación no Felipop 2000 e 2001. Grazas a Alfredo Niharra. 

Máis información:



venres, 7 de novembro de 2014

THE NECESSARIES - Event Horizon (Hispavox, 1982)


Os Necessaries foron un máis das decenas de grupos que a finais dos 70 e principios dos 80 chegaron ata nós co sambenito da New Wave. Estes neoiorquinos, alomenos de adopción, debutaron en 1979 cun single producido nada menos que por John Cale, dúas cancións rápidas e de guitarras correudas que non anticipaban no que máis tarde darían. En principio o grupo formábano o guitarrista e cantante Ed Tomney, Jesse Chamberlain na batería, que proviña dos Red Krayola, e nada menos que Ernie Brooks no baixo, lendario membro dos inesquecibles primeiros Modern Lovers. Sábese que Chris Spedding foi membro fundador do grupo, pero no seu debut o segundo guitarra é un tal Randy Gunn.  Tampouco debeu durar moito porque para o seu primeiro longa duración a formación complétaa Arthur Russell, un neno prodixio do mundo clásico atraído polos sons máis modernos e avant garde, minimalismo, grupo Fluxus e demais. Contan que chegou a organizar concertos dos antes mentados Modern Lovers no seu college, e quizais sexa de aí de onde lle ven a conexión con Brooks. É curioso que a actual recuperación de Russell, cun recente DVD lembrando a súa carreira como autor de música disco vanguardista, no faga apenas mención ao seu paso polos Necessaries, cando algunhas das mellores cancións do grupo (as preciosas, «Detroit Tonight» e «Driving And Talking At The Same Time» son cousa del e máis de Brooks). Vese que o pop segue tendo menos coartada intelectual. 

O seu único LP debeu ter un parto complicado porque saiu en dúas versións, con portadas e repertorio diferente. En España editouse como "Event Horizon" en 1982, que non era senón unha segunda edición de Big Sky na que se conservaban varias cancións da primeira e outras eran substituidas por novos temas. Un lembra un par de críticas aprecidas na prensa nacional daqueles anos. Ignacio Juliá recibíaos cos brazos abertos nas páxinas de Rock Espezial, pero o ínclito José Manuel Costa despachábaos en El País nunha liña inesquecible: “¿Pop? No son necesarios”. Aí queda iso. Non creo que Sire tivera moita fe no grupo porque o disco non chegou ter edición americana en ningunha das dúas versións, aínda que "Event Horizon" sí chegou a ter edición española, de bonita portada por certo. Agora que a recuperación da música daqueles anos está en boga, a escoita de The Necessaries podería darlle unha sorpresa a máis dun afeccionado ao pop neoyorkino revirado.


THE NECESSARIES - Big Sky ( WEA, 1981)


A petición dun comunicante anónimo. Aquí vai a edición publicada no extranxeiro cun par de temas adicionais.


luns, 3 de novembro de 2014

JENNIFER´S FRIENDS - Land Of Make Believe / Visions (Buddah Records 1968)



A única aparición discográfica de Jennifer´s Friends, conxunto de New Haven (Connecticut) que traballou entre 1967 e 1970, foi este sinxelo que na cara A levaba "Land Of Make Believe", orixinal dos Easybeats, e polo outro lado esta moi agradable sorpresa de ambientación sicodélica titulada "Visions". Como non había demasiada información sobre o grupo na rede, decidín escribir a un mail que atopei, ó do guitarrista Matt Lawton, que me enviou o documento que se pode ver máis abaixo e tamén un par de fotos promo cortesía de Buddah Records aínda que castigadas polo tempo. Isto é un resumo.  

The band was formed by Matt Lawton (lead and rhythm guitar), Ben Mochan (bass, rhythm and 12-string guitar, autoharp), Mark Lipson (organ, electric piano), and Kevin Weaver (drums). Matt and Ben, friends for several years and fraternity brothers at college, were playing music together, primary folk music. Ben had met Kevin and Mark somewhere in southern CT where we all lived. Mark was a high school student at that time. Kevin taught math in Clinton, CT. Ben knew John Carney, a graduate student at Yale.

The original name was Zyme. The name Jennifer’s Friends came about while working with John to record "Downtown Tomorrow" and "I Must Go". Jennifer was one of the young women sitting around with the band during practice. We needed a name for our upcoming recording session in New York, and someone suggested Jennifer’s Friends. The stuff of history…
The band, with Barry Buxbaum joined as lead singer, took home-made tapes of original music to New York City, and attracted the attention of a management group, Schwade Merenstein, consisting of Bob Schwade and Lou Merenstein. Schwade Merenstein was managing Miriam Makeba at that time. Lou was connected to Buddah Records. The band recorded a variety of singles under the name Jennifer’s Friends, with only one release, "Land of Make Believe", hitting the top 40 on Billboard. During this time period there were several notable milestones and “near-misses” for the band, as described below.

Matt Lawton quit the band for personal reasons around 1970. Mark and Ben talked Lou Merenstein into producing an album of original music ultimately released by Avco/Embassy under the band name Smokey John Bull. Barry sang on these recordings, which included a number of new band members and singers. Matt formed a local band in southern CT, Giant Yellow. The band played clubs and bars up and down the CT coast, and developed a solid local following. 

Jennifer’s Friends had a few close encounters with making it big in the music industry. The band opened for several big name bands, including Neil Young and Crazy Horse in May,1969; T.K. Rich (TK the son of Buddy Rich, well-known big band drummer), and The Rich Kids; and Strawberry Alarm Clock. Immediately prior to the recording of "Land of Make Believe", the band was given the option of recording a song titled "The Worst That Could Happen", a song ultimately recorded by a group called The Brooklyn Bridge. The song went to Number 1 on Billboard. The band played it live all over CT and was the headliner band at the Ohio State Fair in 1968, where the song was Top 5. Imagine those nice Midwestern folk watching lead singer Barry “shot” and bleeding and sliding down his microphone stand while Matt tore into a psychedelic lick and fires shot up on the amps! Shook up those Ohio folks some….

In 1969 the band recorded a song titled "Lay Lady Lay". The song was released 1 week earlier than our version by Bob Dylan, and went on to be a big hit for him. The band’s version was shelved. Finally, the band had the opportunity in 1969 through Schwade Merenstein to write and record an original movie score for an early Michael Douglas movie titled "Hail Hero". The music and lyrics were cranked out in about 1 week, including recording in New York City. The movie score ended up being recorded by Gordon Lightfoot. More close encounters with the big time……….

Certainly a strong characteristic of Jennifer’s Friends was their song writing, and full and at at times complex harmonies. Much of that came from Matt and Ben’s writing, and Mark’s musical acumen regarding arrangements and harmonies. Barry’s raspy mid-range brought it all together for a wide variety of distinctive sounds. 

Matt Lawton and Barry Buxbaum. February 2014