Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de setembro de 2014

FOGGY MENTAL BREAKDOWN - Pleased To Meet You (EP, Man, 1995)


Foggy Mental Breakdown viñan de Vigo e a verdade nunca me dixeron moito ou case nada pero atendemos a petición de alguén que andaba na procura da canción que se escoia no reprodutor.


sábado, 18 de maio de 2013

TOMBSTONES - Mujeres (CD EP, 1992)

"Don´t Look Back"

Seguimos con adaptacións de clásicos do garaxe feitas por aquí. Hoxe recuperamos aos Tombstones, unha banda de Santiago que despois das consabidas maquetas en casete, chegou a editar un cd para o selo vigués MAN Records. No seu momento escoitei o disco e a verdade non me deixou pegada. Como promo editaron este cd con tres temas no que incluían o "Don´t Look Back" dos Remains. Non lembro se o tema ía tamén no disco ou era só un bonus deste cd.

xoves, 9 de maio de 2013

LOS CAFRES - Algún Dia Caeré / Me Voy Derecho Al Infierno (DRO, 1988)

"Algún Dia Caeré"

Outra versión dos Standells feita por terras galegas. Nesta ocasión son os vigueses Los Cafres que pasan ao castelán o "Sometimes Good Guys Don’t Wear White”. Os dous temas ían incluídos no único Lp publicado polo grupo, "S.F. 13 Tractor Cerebral".


mércores, 8 de maio de 2013

FAMILIA CAAMAGNO - Se Magnan Chove (2012)


Levo uns días na cabeza con esta caralluda adaptación ao galego do tema dos Standells "There's A Storm Coming" polos santiagueses Familia Caamagno. Podedes descargar de balde o disco desde o seu bandcamp.

sábado, 21 de xaneiro de 2012

sábado, 7 de xaneiro de 2012

XETXU - Xohana / Xohana (2ª Parte) (Top, 1973)

"Xohana (2ª Parte)"

Xa hai tempo que non recuperamos nada galego así que hoxe tocan os dous sinxelos editados polo coruñés Xetxu nos primeiros setentas. A cara b do seu primeiro púxose de moda estos últimos anos despois da súa aparición na serie "Andergraun Vibrations". O texto que ven a continuación esta extraído do máis que recomendable "Psicodelia, hippies y underground en España" de Pepe García Lloret.

Xetxu era o pseudónimo do galego José Manuel Hermida, estudante de dereito en Barcelona, gran afeccionado á música, á literatura e as artes, que asinou contrato coa discográfica Columbia tras realizar unha proba de voz. O contrato frutificou en (polo menos) dous sinxelos, con temas cantados en galego, que compaxinaban o rock coas baladas neblinosas e intimistas (coa proverbial melancolía do noroeste de España), que foron editados polo subsello progresivo de Columbia, Top Records. 

O primeiro destes discos, aquí seleccionado, garda unha barbaridade de rock underground na súa cara B, "Xohana 2ª parte", un delirio de guitarras aceitosas, con distorsión, wah-wah, punteos pasados da raia e o cantante berrando tolo. José Hermida (Xetxu) é hoxe día profesor de universidade e escritor especializado en comunicación persuasiva. Nesta gravación foi acompañado por José María Bardají á guitarra, Toti Soler ao baixo e o Fusioon Santi Arisa á batería. 



   ¡Fogo! ¡No pobo temos fogo!
    Corre a xente, voa a xente
    e axiña como un lóstrego
    síntese unha voz: O-E-O-E-FUN EU!!

    ¡Sangue! ¡No pobo temos sangue!
    Homes e ferros revoltos
    e axiña como un lóstrego
    síntese unha voz: O-E-O-E-FUN EU!!


    (E a visión dunha rapaciña depois de xantar un ácido) Xetxu





XETXU - Bicame Mañán Baixo a Chuvia / María Tiña Un Neniño (Columbia, 1974)

"María Tiña Un Neniño"

O seguinte sinxelo de Xetxu repite a fórmula do primeiro, combinando unha peza de folk intimista,  "Bicame Mañán Baixo a Chuiva" con esta macarrada titulada "María tiña un neniño"

venres, 8 de abril de 2011

MAGÍN BLANCO A Nena Zíngara - Azul (18 Rodas, 2011)

"A Nena Zíngara"

Levado polo meu entusiasmo cando escoitei "A nena zíngara" acabei por dicirlle a Magín que era unha auténtica xoia de acid-folk á galega e que non entendía porque quedara excluída do estupendo libro-cd "A nena e o grilo" que publicou o ano pasado, desde aquí pedirlle que cultive máis este xénero porque cada vez que o fai sempre gaña, baste lembrar aquela espléndida "Los Blues del Emigrante" da súa etapa con La Rosa.  Malia súas dotes como músico, Magín non é un virtuoso do sitar así que é Paco Serén, ex-Piratas e actualmente nun interesante proxecto chamado Om-Off, quen se encarga de crear o ambiente necesario. Como cara B deste sinxelo virtual vai "Azul", tamén das maquetas previas de "A nena e o grilo". Grazas a Magín e a Carlos. A ilustración é de Iván Prieto.

luns, 20 de decembro de 2010

MAC N´ RONES Abraza la Fe (EP, GAL&CIA, 1992)

"Dycola"

"Dycola", un homenaje gamberro al combinado de whisky con coca-cola más barato y popular entre los jóvenes a finales de los ochenta y principios de los noventa fue el gran momento de los coruñeses Mac N´Rones. En cierto modo, tomó el relevo del "Solución suicida" de Viuda Gómez e Hijos dentro del papel de canción emblema del rock local y puso a la banda a las puertas de un salto masivo que nunca llegó. El único testimonio grabado de la banda lo constituye el epé "Abraza la Fé" y un cedé compartido con el grupo No Hay Manera de 1998, que salió meses antes de la disolución." La Voz de Galicia

Entrevista en La Opinión

luns, 6 de setembro de 2010

LOS ABATIDOS Perversas Intenciones (CDR, 2002)

"Abre Wilma"
 

Continuamos co rescate da discografía dos pontevedreses Los Abatidos con estas cinco novas cancións aparecidas só en formato CDR. As versións de "Abre Wilma" e "Sausalito" son lixeiramente distintas ás apareciadas no disco anterior.


venres, 3 de setembro de 2010

LOS ABATIDOS Los Abatidos (CD, Boomerang, 1998)

"Sausalito"

Los Abatidos viñan de Pontevedra e o único máis ou menos oficial que chegaron a editar foi este cd autofinanciado, aínda que o bo de Antonio Arias, diante da miña insistencia, foi enviándome pouco a pouco máis material do grupo, moitas das veces os cd´s incluso ían personalizados. O seu último proxecto, supoño que unipersoal, chámase Ríndete Dorothy e incluso ten myspace e páxina peich que hai uns días incluso tiña cancións. O texto reproducido máis abaixo era o que acompañaba ao cd.

Estimado xxxx:

Ante todo muchas gracias por tu amable petición. Es agradable saber que no todos se marchan cuando empezamos a tocar. Por lo demás, agradecerte el detalle de no haberte operado de la grave sordera que padeces y, en consecuencia, de pensar que nuestras canciones puedan ser lo suficientemente buenas para pedirnos que te envíemos la maqueta. Hay que reconocer que bien o eres un chico valiente o, en su defecto de Barallobre.

En  cuanto al asunto que tanto te preocupa, lamentamos comunicarte que nos es imposible remitirte lo que con tanta vehemencia nos solicitas, es decir, lo que nos pedías, o sea, la maqueta, ya que tras haber intentado infructuosamente que alguna casa discográfica se interesase por ella y no conseguirlo, al final decidimos editarla por nuestra cuenta corriente, con lo cual la susodicha, obvio es el decirlo, se encuentra en estos momentos, amén de en números rojos, en paradero desconocido.

Por eso, no queda más remedio que enviarte lo que en este mismo momento, sin duda, ya habrás recibido, esto es, nuestro disco (y que en realidad no es más que nuestra maqueta encelofanada). Esperamos  sinceramente que tal hecho no te haya desecho y que, ya rehecho, puedas disfrutar de su contenido o, al menos regalársela al más infame de tus enemigos.

Desde Sausalito con nuestros mejores deseos, un saludo

PD: Si por casualidad vieses al chico de Vigo que tuvo el mal gusto de recomendarnos, por favor, salúdale de nuestra parte y no dudes, al hacerlo, en utilizar toda la munición que necesites (cuchillos, hachas, balas, minas, los Hermanos Iglesias, etc)


luns, 24 de maio de 2010

LOS SPRINTERS Discografía Completa 1966-1968

"¡Espera, Que Quiero Hablarte!"

 Los Sprinters por Antonio Castro. Merece a pena ler o artigo completo

Los Sprinters foron o grupo musical por antonomasia de Ferrol, dos anos sesenta. Esta formación fundouse entre 1965 e 1966, cando xa outros paisanos seus, Los Player’s tiñan gravados un par de discos…   Pero aínda así, Los Sprinters son a banda que perdura na lembranza, e é moi común hoxen día, que cando a un ferrolterrán se lle pregunta pola música daquela época, este se refira a eles coma «os nosos Beatles».

No Ferrol da segunda metade da década dos sesenta, a música se vivía dun xeito moi intenso. Ademais de Los Player’s e Los Sprinters, existían outros grupos ferroláns coma: The Silver Dragons, Los Telstar, Los Frap, Los Zares, Los Redógenos, Los Truenos, The Wryders, o Grupo Jockeys, de Narón, etc… pero tamén solistas como Andrés Do Barro, Vicente Araguas Álvarez, Xosé Manuel Lasén «Marcof», Xoán Rubia Alejos (que era natural de Mugardos)…, dúos folk coma Emilio e Fernando, etc… E había un montón de lugares onde se podía tocar, en directo, coma o «Bambú Club», «El Parque», «Breogán»…

Miguel Varela, «O Tranquilo», procedía doutros conxuntos departamentais, o primeiro dos cais se chamaba The Silver Dragons, nos que ingresou cando tiña tan só 16 anos, e logo tamén formaría parte de The Wryders. Tempo despois, coincide con Alfredo Mella, e con outros dous xóvenes estudiantes ferroláns máis, Ramón e José, algún deles procedente doutros conxuntos coma Los Telstar, fundan un novo grupo: Los Sprinters. Todos eles eran admiradores confesos de The Beatles, as bandas instrumentais (The Shadows, The Ventures ou  The Tornados, de feito sempre escomenzaban os seus concertos co seu “Telstar”.

Los Sprinters escomezaron rexistraren discos a mediados dos anos sesenta, tras de asinar contrato discográfico co selo Fontana, filial da multinacional holandesa Philips, que lles editou un total de cinco EP’s e dous sinxelos, entre os anos 1966 e 1968, que conteñen 24 cancións, fundamentalmente versións, e somentes catro cancións eran de composición propia: “El tablao” (1966), “Explicación” (1967), “Aquella balada” (1967) e máis “¡Espera, que quiero hablarte!” (1967).

De feito, trala súa fichaxe polo selo Fontana, o seguinte desafío para Los Sprinters, será o de compoñer unha canción propia, en castelán, e que ademais lles poidera gustar aos responsables artísticos da compañía discográfica. Agochado baixo o pseudónimo de M. Pache, Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», compuxo “El tablao”, peza que convenceu aos directivos da Philips  e que sería o corte estrela do primeiro EP. “El tablao” trátase dun número festivo, de corte «beat», pero españolizado, xa que este tema segue o esquema
do grande éxito “Flamenco”, de Los Brincos, é dicir: «canción española modernizada», con certos aires aflamencados… Os seus resultados finais son bastante sorprendentes, e afortunados. A portada do disco, no que aparece unha fotografía, en cores terrosas, dos catro membros do grupo, uniformados con traxes azuis, arredor dun carro do país, situado nun alpendre é a representación da imaxe que de Galicia tiñan as compañías discográficas mesetarias, sempre cheas de tópicos absurdos, e de supostas intencións paternalistas, moi propias do réxime dictatorial franquista. Empero, o disco foi un relativo éxito, e ata conqueriron entrar nas sempre esquivas listas de ventas discográficas españolas, eso si, ocupando un modesto posto. Nembargantes, a repercusión mediática que acadan é importante, e mesmo propicia, un novo desprazamento a Madrid, desta volta para presentarse nos estudios de Prado del Rey, para gravar unha actuación ante das cámaras, que foi emitida polo espacio «Musical 14:05», da Televisión Española.

O segundo disco de Los Sprinters, un novo EP co título “La muñeca que hace no” tamén vería a luz ese mesmo ano de 1966, e só uns meses despois que o anterior. Sospeitamos que os catro temas incluídos neste disco, foron gravados nas mesmas sesións que os do primeiro (reforza esta hipótese de traballo, o feito que na numeración de catálogo, haxa unha diferencia de só 5 referencias). A foto da portada do disco, tamén en cor, pertence á mesma sesión que a do primeiro E.P. Nesta ocasión amosa aos membros do grupo, uniformados da mesma guisa, portando un par de paraugas, namentres camiñan por unha estrada rural asfaltada.

A primeira actuación que fixeron Los Sprinters, diante de público, fora de Galicia e de certa relevancia, foi para concursar no «II Certamen Internacional de Conjuntos Músico-Vocales», de León.  Polas sesións competitivas do festival leonés pasaron moitos grupos, un total de 29, varios deles extranxeiros. Entre os máis destacados figuraban os madrileños Los Roberts, Los Exóticos (que non chegaron a actuar, e só pasearon por alí, co seu cantante británico Dave Allen) ou os andaluces The Rocking Boys (La Línea de la Concepción, Cádiz)… A gala da sesión final, para a que se clasificaron Los Sprinters, foi retransmitida en directo polas cámaras da Televisión Española, e polas ondas radiofónicas, ao traverso da R. E. M. (Red de Emisoras del Movimiento). Na final, os seis grupos clasificados coma finalistas, tiveron que interpretar, de xeito obrigatorio, os temas tradicionais leoneses “¡Déjala dormir!” e “¡No la llames!”.  Como nota curiosa, e fidel reflexo do ambiente de opresión socio-política que vivía o país, nesa época, temos que lembrar o veto recibido polo cantante «hippie» valenciano Colonel Pipo, que fora contratado pola organización do festival (para a fin de festa), por parte das autoridades gobernativas. 

O terceiro traballo discográfico sprinter foi editado ao ano seguinte, un novo EP, cuxo título de cabeceira era
a canción “Explicación”. Na bonita e sobria portada, clasicamente sesenteira, desta volta se destaca un logotipo especialmente deseñado para a banda, con caracteres de cor amarelo. Os títulos das cancións do disco, tamén en amarelo, sobre un marco negro, no que ademais se sitúa unha foto interior dos catro membros do conxunto, en cor, xa desposuídos do seus uniformes, e amosando as guitarras e mailo baixo. E logo chegaría o cuarto disco publicado de Los Sprinters, “Señor Profesor”. A primeira portada onde non aparece unha foto do grupo, algo que a partires de agora será a norma, e deixarán de ter interese. No seu lugar un axeitado dibuxo, a toda cor, ilustra o motivo do tema central do disco, situado sobre un fondo negro. Novamente, o departamento creativo do selo Fontana, lle deseñou á banda, un logotipo.

O quinto e derradeiro EP, que Fontana lles editou, foi o que encabeza a canción “¡Espera, que quiero hablarte!”  e apareceu no mercado discográfico español, a finais do ano 1967.  "¡Espera, que quiero hablarte!” (M. Pache), é outra das composicións propias de Los Sprinters. Agora si que nos atopamos diante dun grande tema, con fantásticos «riffs» e solo de guitarra, un preciso órgano progresivo… Tamén contribúe o feito de que a letra non sexa unha colección chea de tópicos, nin manida, a pesares de ser moi directa. Para nós, dende logo, trátase da mellor canción do grupo ferrolán, que debería ser todo un clásico do «Rock de garaxe» do país, e que pola contra, permañece nun moi inxusto esquecemento. Constitúe o único corte salientable de todo este vinilo, para nós, o máis frouxo dos gravados polo grupo ferrolán.

Co seu sexto traballo discográfico, Los Sprinters estrean formato, o primeiro disco sinxelo sprinter, agochado tras dun insulso e impersoal deseño de portada, onde destaca a súa cara B “La habitación blanca”, unha versión do "White Room" dos Cream .  A letra da adaptación  atópase chea de pasaxes oníricas, e é de temática intensamente psicodélica (na versión orixinal, o protagonista, que está a esperar por un tren, se atopaba baixo os efectos do LSD). Na adaptación musical deste tema, de Alfonso Alpin (pseudónimo do grande compositor barcelonés Augusto Algueró) , botamos a faltar algo de forza, debido máis que probablemente, a unha nefasta producción. E é que hai unha notoria carencia de toques de guitarra «fuzz», uns máis traballados e mellores coros de voces, e outros efectos nesa onda, para que o poideramos considerar un tema totalmente redondo, e todo un clásico da «psicodelia» peninsular. A pesares de todo, se atopa entre o mellor do repertorio gravado por Los Sprinters, unha nova demostración do bo gusto, que sempre levaron por bandeira.

O seu último disco para o selo Fontana –o sétimo-, foi un novo sinxelo, con adaptacións esquecibles de “Rain and tears” e “Yummy, yummy, yummy” . Posúe unha portada de moito colorido, cun deseño en plan «naïf», bastante aceptable. Tralo remate da tempada estival do ano 1969, o período independente de Los Sprinters, tocaba á súa fin. O éxito petaba, con moita forza, na porta doutro ferrolán, un tal Andrés Lapique Dobarro, coñecido artisticamente como Andrés Do Barro. O sorprendente número 1 de ventas discográficas que acadou o seu primeiro disco. “O tren”, en España (máis sorprendente si cabe, ao se-lo primeiro que non era cantado nin en castelán, nin en inglés, francés ou italiano, senón que no vilipendiado «dialecto gallego», un fito musical nunca máis repetido…), precipitou as cousas.

 Andrés Do Barro reclamounos, para que o acompañaran nas súas actuacións, e logo, participaron tamén, nas sesións de gravación dos seus discos, como a banda propia do cantante. Con Do Barro, Los Sprinters gravaron moitos temas (entre eles, “San Antón”, “Corpiño xeitoso” e, por suposto, o famosísimo “O tren”)”. Este éxito fulgurante do cantante ferrolterrán, conlevou unha importante carga de traballo para a banda, xa que non pararon de contrataren galas e bolos diversos. A situación reportou importantes ingresos para Los Sprinters, que poideron levar unha acomodada vida naqueles días e tiveron a ocasión de comparti-las táboas do escenario con moitos outros grupos da época, entre os cais destacamos os madrileños Fórmula V, que coñeceron nos estudios de gravación da súa compañía discográfica -Fonogram-, xa que fixeron boas migas. Pero tamén alternaron, na noite madrileña, con artistas habituais dela coma Micky, Mike Kennedy, Fernando Árbex, etc…

Realizaron algunha pequena xira por Centroeuropa, sobre de todo a Suíza, onde actuaron para un público netamente galego, composto por emigrantes, que non podían aguanta-la emoción, ao escoitar cancións no seu idioma, e «tiraban as súas boinas ao ar».

Aproveitando a popularidade de Andrés, no ano 1971, debutan na pantalla grande, ao igual que o propio
cantante, nunha longametraxe pseudo-musical, feita para promociona-lo artista ferrolterrán. A cinta leva o oportunista título de “En la red de mi canción”, e os músicos se viron arrodados dun elenco de actores importantes, coma Conchita Velasco, o afecto ao réximen Alfredo Mayo, Rafaela Aparicio, Florinda Chico, Antonio Ozores, Cassen  ou Álvaro de Luna. Desgraciadamente, o productor cinematográfico vigués Cesáreo González, encargoulle a dirección da película ao chapuceiro Mariano Ozores Puchol, autor dunha prolífica lista de películas, tan ampla coma esquecible. Los Sprinters aparecen en varias secuencias da película, especialmente nas imaxes do principio da cinta, nas que atravesan as rúas do Casco Vello de Santiago de Compostela, montados enriba dunha camioneta, namentres Andrés Do Barro canta a canción “Pois eu”, e eles tocan os seus respectivos instrumentos.

Logo de tres exitosos anos, Andrés Do Barro decide un fondo reprantexamento da súa carreira, que vai levar aparellado un troco de discográfica, e de banda de acompañamento. Estamos xa nos meses finais do ano 1972. É o intre en que se produce a ruptura definitiva con Do Barro, e a banda xa non tocaría nos vindeiros sinxelos e no terceiro álbum de Do Barro, “Andrés Do Barro” (Lp Belter, 1974). Tan só se mantén o batería Chupi.

Pouco tempo despois, Los Sprinters íanse converter nunha orquestra, que percorreu moitos dos pobos e cidades de Galicia, e que aínda se mantén activa. No ano 1974, escomenzan as colaboracións musicais entre María Manuela e Miguel Varela. Como a Manuela lle gustaba moito de cantar e o facía ben, escomenzou un dúo alén do matrimonio, consumado nunha parella artística, bautizada como Manuela e Miguel, que puxo música a moitos dos poetas da nosa terra, ademais das composicións propias. A andaina do dúo, principiou curiosamente, coa gravación dun primeiro disco sinxelo, lanzado coma unha obra de María Manuela, en solitario, a pesares de ser unha colaboración conxunta.

Xa no ano 1983, nacería o coro Ledicia, co gallo do festival Cantareliñas, un certame que se celebrou en San Sadurniño. Nel colaborou intensamente Miguel Varela Suárez. No 1990 o coro asentouse no colexio Manuel Masdias, de Caranza. O pasamento de Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», se produxo en Ferrol, o día 19 de Setembro do 1998, logo dunha longa enfermidade. Alfredo Mella Álvarez pertence, na actualidade á rondalla ferrolán Bohemios.

mércores, 31 de marzo de 2010

LOS MURCIÉLAGOS ¡Sigue, sigue! (EP, Marfer, 1966)

"Satisfacción" 

LOS MURCIÉLAGOS por Antonio Castro coa colaboración de Carlos Rego 

Los Murciélagos foron unha escura banda de Rock de garaxe, que naceu en Ourense, á beira do Río Miño, a mediados da década dos anos sesenta. Os seus membros procedían tanto da cidade das Burgas, como de Ribadavia, en pleno Ribeiro. Temos moi poucos datos sobre deles, ata mesmo descoñecémo-los nomes dos compoñentes deste cuarteto, polo que necesariamente, cáseque tódalas referencias que imos facer deles, serán sobre da súa música, pasando por riba da traxectoria vital do grupo.  Un dos guitarristas é da familia dos Outeiriño (donos de La Región), hoxe afamado oculista en Madrid


Los Murciélagos teñen a honra de seren un dos grupos pioneiros do Rock ourensán, ao estaren activos xa dende mediados dos sesenta, anque nembargantes, eles non foron o primeiro conxunto en xurdir, nesta capital do interior de Galicia. 

A mediados dos anos sesenta Ourense era unha cidade na que o Rock prendeu entre a xuventude musical máis inqueda, e por elo non é de estraña-lo xurdimento dalgunhas novas bandas, entre as cais destacaban poderosamente Los Ben Posta, que apadriñaba o Padre Silva, o carismático relixioso fundador da “Ciudad de los Muchachos”.


A pesares das inquedanzas musicais dos xóvenes ourensáns, a situación non era favorable para a formación de conxuntos modernos. Faltaban apoios, infraestructura (locais de ensaio e de venda de instrumentos, equipos de son, salas que programaran concertos…), e por riba de todo, non estaba ben visto, entre as familias respectables, que os seus fillos se adicaran a facer ruídos eléctricos, para o escándalo das xentes de ben.

E pese a todo elo, e deixando a parte o adocenado “Festival do Miño”, un couto cáseque reservado para os solistas, o ambiente musical na cidade foi medrando gracias ao abeiro de varias das parroquias, que lles emprestaban os seus locais aos novos conxuntos, para que estes, á súa vez, os poideran converter nos seus eventuais locais de ensaio. Tamén a emisora radiofónica “La Voz del Miño” (inaugurada en Xuño de 1966), prestou o seu apoio á música moderna, tanto ao darlle cabida na súa programación diaria, coma por organizar e radiar -sorprendentemente en directo-, ao través das ondas, concertos de grupos locais, retransmitidos dende o salón de actos do edificio da Organización Sindical Española, no Parque de San Lázaro, en sesións dominicais matutinas.


Daquela, os grupos ourensáns, por norma xeral, tocaban onde lles deixaban. E eran unha chea deles, para repartirse os poucos locais abertos á nova música: Los Wagners, Los Volcanes, Los Evers, Los Meteoros, Grupo Clave, Los Dráculas (futuros Los Posters), Los Nodos, Los Gringos, Los Mayquel’s, Los Yankis, Los Vientos, Los Dedos, Los Meigas, Los Amos, Las Fugitivas (conxunto de mozas), Los Iris (de O Barco de Valdeorras), Los Poker (de O Carballiño)… A meirande parte deles foron conxuntos efímeros, que adoitaban padecer abondantes trocos de formación, e ata incluso con frecontes intercambios de membros, entre eles. Este feito, os intercambios de músicos entre grupos, se converterá nun costume, na escena musical ourensá, así coma tamén, a deriva dos músicos cara as orquestras de baile, que contaban cunha maior carga de traballo, e ofertaban certa estabilidade profesional para os músicos, nelas integrados…

E este foi o caldo de cultivo de onde xurdiron Los Murciélagos, a lendaria banda garaxeira de Ourense. Deixaron, coma o seu único legado discográfico este Ep para o selo madrileño Marfer, actualmente inatopable, e cando aparece, de forma excepcional, acada prezos astronómicos. As 4 cancións que conforman este rarísimo artefacto sónico son as seguintes:


1.- “¡Sigue, sigue!” (Del Shannon).
 Versión moi dinámica e beat do “Keep searchin´” do cantautor rockeiro norteamericano Del Shannon,. O tema tamén foi gravado, en español, Los 4 De la Torre e Los Extraños, ámbolos dous grupos de Barcelona.


2.- “Vosotros” (Letra de Vito Pallavicini / Música de Gorni Kramer). 
Versión que navega entre o beat e mailo Pop-Rock ye-yé, e que Los Murciélagos cantan en italiano. O tema era un orixinal transalpino, “Nessuno di voi” que Milva e Richard Anthony  defenderon no Festival de San Remo, na súa XVI edición, celebrada en Xaneiro do 1966. Este tema tamén o faría seu María de los Ángeles Rodríguez, o sexa, a granadina Gelu (1966). Asemade hai outra versión en castelán, que foi gravada polo Cuarteto Maranatha (1966).

3.- “Satisfacción” (Mick Jagger / Keith Richards).
Versión garaxeira do “Satisfaction” de The Rolling Stones.  En España, coma en tantos outros países, foi moi versioneada: Los Salvajes (1965), Lone Star (1965), Los 5 Del Este (1965), Los Barlak’s (1966), The Bonds (1965, en catalán), Franklin (1971, en inglés), etc… A versión de Los Murciélagos segue cáseque ao pe da letra, á adaptación dos barceloneses Lone Star, pero musicalmente, se trata dunha lectura aínda máis garaxeira que a dos tamén barceloneses Los Salvajes, aínda que lles falte o toque do «sonido mosca» destes últimos. Polo tanto, nesta ocasión, Los Murciélagos foron máis papistas que os papas!


4.- “Morriña” (Eduardo Diehl de Souza / Fely).
Versión instrumental dunha canción, con ritmo de bolero, que foi lanzada polo conxunto-orquestra Los Españoles, no ano 1960. A adaptación de Los Murciélagos consegue desmarcarse bastante do tema orixinal, para achegarse ao estilo das poderosas texturas instrumentais de Los Ben Posta, paisanos e colegas seus. Ten algúns acordes, sobre de todo audibles nos punteos da guitarra solista, que a nós persoalmente nos lembran, ben é certo que de lonxe, á romántica balada de “Johnny Guitar” (que soa na banda sonora orixinal da obra mestra do mesmo título, dirixida por Nicholas Ray, no ano 1953), e o son da súa fermosa guitarra española.


luns, 21 de decembro de 2009

LOS CAMBIANTES S.O.S. - Untittled (Flexi, El Origen, 1990)



Los Cambiantes viñan de Ourense e debutaron, despois das consabidas maquetas, con este flexi para o fanzine coruñés El Origen. Posteriormente chegaron a publicar un disco para Edigal que non vin na miña vida aínda que o Dr Reseso di que a el lle lembran a El Inquilino Comunista, ufff. Aquí tedes dúas entrevistas para fanzines da época, unha para o mencionado
El Origen e outra para os tamén coruñeses Cleopatra Jones Shockin´ Orgasm.

sábado, 19 de decembro de 2009

LOS CONTENTOS Los Contentos (MLP, Sons Galiza, 1988)



Imos compracer a petición de Anxo que quería escoitar os dous discos dos lugueses Los Contentos, quizáis o mellor expoñente do revival sesenteiro en Galicia a finais dos oitenta. Do primeiro elepé, cun son bastante cutre, sempre me gustou "Cuando Ríes", o tema que abre o disco. "Los Contentos 2" mellora no son pero case todo é garaxe-rock que no seu día pareceume aburrido e agora que o repaso non mudei de opinión, menos mal que hai polo menos tres cancións que están bastante ben, "El secreto de Mamá", "F. Sin descansar" e "No la dejes marchar", unha adaptación ao castelán dun tema dos 13th Foor Elevators.

LOS CONTENTOS Los Contentos 2 (Sons Galiza, 1990)

xoves, 10 de decembro de 2009

THE TAREK AZIZ PSYCHEDELIC BAGDAG BAND Instro-Mental (2004)



Catro instro-mentales dunha banda que rendía tributo a cara amable do antigo réxime iraquí. Malia que se agachan todos sabemos quen son.

01 - Nunha Discoteca Persa (2:15)
02 - Eufrates Blues (3:10)
03 - Lunes (2:18)
04 - Green Tambourine (2:53)

The Tarek Aziz Psychedelic Bagdag Band

mércores, 9 de decembro de 2009

TODO EL LARGO VERANO De Vacaciones en Marmolinos (CD, 2009)



Os rapaces de Todo El Largo Verano teñen xa listo o seu novo cd "De vacaciones en Marmolinos" que podedes descargar gratuítamente ou mercar nos puntos habituais da noite ferrolana. A peza que máis me gustou é "Días" que é a que se pode oir no divshare.