Amosando publicacións coa etiqueta Beat b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Beat b>. Amosar todas as publicacións
venres, 12 de xullo de 2019
xoves, 11 de xullo de 2013
THE SPACEMEN - Beat à Gogo (Tip, 1967)
Os alemáns The Spacemen eran o típico grupo beat de segunda especializado na gravación de discos expolio con éxitos do momento. A que máis me gustou foi esta dos Kinks As voces femininas nalgúns temas son de Tina Rainford alias Peggy Peters
xoves, 13 de setembro de 2012
xoves, 7 de xuño de 2012
THE REBELS - Hard To Love You / Call Me (Page One, 1967)
"Call Me"
"Hard To Love You", unha peza da factoría Howard/Blaikley composta para Dave Dee, Dozy, Beaky, Mick & Tich, era o tema estrela do cuarto sinxelo dos alemáns The Rebels que na súa patria eran coñecidos como Dave Gordon & His Rebel Guys, de feito Hansa Records publicou así o disco en Alemaña. Nos USA foi editado como Dave Gordon & The Reb-Tides por Press Records.
venres, 18 de febreiro de 2011
THE FINDER´S Volumen 1 (Cocodrilo, 1987)
"Quiero Vivir"
Os barceloneses The Finder's tiveron unha vida breve durante a que deixaron gravados tres ep´s para o selo Belter ata que parte dos seus membros decidiron iniciar unha nova aventura como Alex y Los Findes. O elepé complétase cunha adaptación do tema de Edoardo Vianello "Guarda come dondolo" que orixinalmente apareceu nun Ep na que a estrela era Peppino Di Capri con cancións da película de Dino Risi "La Escapada".
venres, 4 de febreiro de 2011
LOS HURACANES Esta Tarde a Las Siete (EP, EMI, 1966)
"Espérame"
Os doce temas do único elepé publicado polos Huracanes apareceron tamén en tres EP´s do que éste foi o primeiro. Ademáis da fantástica "El calor del verano" e as intranscendentes pero eficaces , "Esta tarde a las siete" ou "Quero repostar", estaba "Espérame", un tema cheo de romanticismo tristón, case melodramático, pero que me gusta moito.
venres, 28 de xaneiro de 2011
LOS CINCO IBERICOS con VICTOR ORTIZ Homenaje a Los Huracanes (EP, Calabuig, 2004)
"El Calor Del Verano"
En Enero de 2004 entro con el grupo Los 5 Ibéricos en los estudios de grabación La Sala para grabar un EP homenaje a Los Huracanes, y recrear juntos algunos de sus temas más conocidos. Estas cuatro canciones contienen toda la esencia de los años 60. El disco, va dedicado a todas aquellas personas que creyeron en el rock en aquellos tiempos. Victor Ortíz
--------
Los 5 Ibéricos decidimos rendir homenaje a Los Huracanes, una de las bandas valencianas más importantes en la historia del pop y del rock, y tuvimos la inmensa suerte de poder contar, para ello, con Víctor Ortiz, vocalista original del conjunto y leyenda viva de nuestra música. Los 5 Ibéricos domingo, 9 de xaneiro de 2011
THE BRISKS Vol. 3 (Cocodrilo, 1985)
"Sí, Mañana Será Así"
Os ceutís The Brisks deixaron unha ampla discografía case sempre baseada en adaptar ao castelán temas foráneos. O terceiro elepé que o selo Cocodrilo editou do grupo recolle 3 Ep´s publicados entre o verán do 65 e a primavera do 66 e que ten como momentos máis destacados "Me Siento Solo" e sobre todo "Si, Mañana Será Así".
luns, 24 de maio de 2010
LOS SPRINTERS Discografía Completa 1966-1968
"¡Espera, Que Quiero Hablarte!"
Los Sprinters por Antonio Castro. Merece a pena ler o artigo completo
Los Sprinters foron o grupo musical por antonomasia de Ferrol, dos anos sesenta. Esta formación fundouse entre 1965 e 1966, cando xa outros paisanos seus, Los Player’s tiñan gravados un par de discos… Pero aínda así, Los Sprinters son a banda que perdura na lembranza, e é moi común hoxen día, que cando a un ferrolterrán se lle pregunta pola música daquela época, este se refira a eles coma «os nosos Beatles».
No Ferrol da segunda metade da década dos sesenta, a música se vivía dun xeito moi intenso. Ademais de Los Player’s e Los Sprinters, existían outros grupos ferroláns coma: The Silver Dragons, Los Telstar, Los Frap, Los Zares, Los Redógenos, Los Truenos, The Wryders, o Grupo Jockeys, de Narón, etc… pero tamén solistas como Andrés Do Barro, Vicente Araguas Álvarez, Xosé Manuel Lasén «Marcof», Xoán Rubia Alejos (que era natural de Mugardos)…, dúos folk coma Emilio e Fernando, etc… E había un montón de lugares onde se podía tocar, en directo, coma o «Bambú Club», «El Parque», «Breogán»…
Miguel Varela, «O Tranquilo», procedía doutros conxuntos departamentais, o primeiro dos cais se chamaba The Silver Dragons, nos que ingresou cando tiña tan só 16 anos, e logo tamén formaría parte de The Wryders. Tempo despois, coincide con Alfredo Mella, e con outros dous xóvenes estudiantes ferroláns máis, Ramón e José, algún deles procedente doutros conxuntos coma Los Telstar, fundan un novo grupo: Los Sprinters. Todos eles eran admiradores confesos de The Beatles, as bandas instrumentais (The Shadows, The Ventures ou The Tornados, de feito sempre escomenzaban os seus concertos co seu “Telstar”.
Los Sprinters escomezaron rexistraren discos a mediados dos anos sesenta, tras de asinar contrato discográfico co selo Fontana, filial da multinacional holandesa Philips, que lles editou un total de cinco EP’s e dous sinxelos, entre os anos 1966 e 1968, que conteñen 24 cancións, fundamentalmente versións, e somentes catro cancións eran de composición propia: “El tablao” (1966), “Explicación” (1967), “Aquella balada” (1967) e máis “¡Espera, que quiero hablarte!” (1967).
De feito, trala súa fichaxe polo selo Fontana, o seguinte desafío para Los Sprinters, será o de compoñer unha canción propia, en castelán, e que ademais lles poidera gustar aos responsables artísticos da compañía discográfica. Agochado baixo o pseudónimo de M. Pache, Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», compuxo “El tablao”, peza que convenceu aos directivos da Philips e que sería o corte estrela do primeiro EP. “El tablao” trátase dun número festivo, de corte «beat», pero españolizado, xa que este tema segue o esquema
do grande éxito “Flamenco”, de Los Brincos, é dicir: «canción española modernizada», con certos aires aflamencados… Os seus resultados finais son bastante sorprendentes, e afortunados. A portada do disco, no que aparece unha fotografía, en cores terrosas, dos catro membros do grupo, uniformados con traxes azuis, arredor dun carro do país, situado nun alpendre é a representación da imaxe que de Galicia tiñan as compañías discográficas mesetarias, sempre cheas de tópicos absurdos, e de supostas intencións paternalistas, moi propias do réxime dictatorial franquista. Empero, o disco foi un relativo éxito, e ata conqueriron entrar nas sempre esquivas listas de ventas discográficas españolas, eso si, ocupando un modesto posto. Nembargantes, a repercusión mediática que acadan é importante, e mesmo propicia, un novo desprazamento a Madrid, desta volta para presentarse nos estudios de Prado del Rey, para gravar unha actuación ante das cámaras, que foi emitida polo espacio «Musical 14:05», da Televisión Española.
O segundo disco de Los Sprinters, un novo EP co título “La muñeca que hace no” tamén vería a luz ese mesmo ano de 1966, e só uns meses despois que o anterior. Sospeitamos que os catro temas incluídos neste disco, foron gravados nas mesmas sesións que os do primeiro (reforza esta hipótese de traballo, o feito que na numeración de catálogo, haxa unha diferencia de só 5 referencias). A foto da portada do disco, tamén en cor, pertence á mesma sesión que a do primeiro E.P. Nesta ocasión amosa aos membros do grupo, uniformados da mesma guisa, portando un par de paraugas, namentres camiñan por unha estrada rural asfaltada.

A primeira actuación que fixeron Los Sprinters, diante de público, fora de Galicia e de certa relevancia, foi para concursar no «II Certamen Internacional de Conjuntos Músico-Vocales», de León. Polas sesións competitivas do festival leonés pasaron moitos grupos, un total de 29, varios deles extranxeiros. Entre os máis destacados figuraban os madrileños Los Roberts, Los Exóticos (que non chegaron a actuar, e só pasearon por alí, co seu cantante británico Dave Allen) ou os andaluces The Rocking Boys (La Línea de la Concepción, Cádiz)… A gala da sesión final, para a que se clasificaron Los Sprinters, foi retransmitida en directo polas cámaras da Televisión Española, e polas ondas radiofónicas, ao traverso da R. E. M. (Red de Emisoras del Movimiento). Na final, os seis grupos clasificados coma finalistas, tiveron que interpretar, de xeito obrigatorio, os temas tradicionais leoneses “¡Déjala dormir!” e “¡No la llames!”. Como nota curiosa, e fidel reflexo do ambiente de opresión socio-política que vivía o país, nesa época, temos que lembrar o veto recibido polo cantante «hippie» valenciano Colonel Pipo, que fora contratado pola organización do festival (para a fin de festa), por parte das autoridades gobernativas.
O terceiro traballo discográfico sprinter foi editado ao ano seguinte, un novo EP, cuxo título de cabeceira era
a canción “Explicación”. Na bonita e sobria portada, clasicamente sesenteira, desta volta se destaca un logotipo especialmente deseñado para a banda, con caracteres de cor amarelo. Os títulos das cancións do disco, tamén en amarelo, sobre un marco negro, no que ademais se sitúa unha foto interior dos catro membros do conxunto, en cor, xa desposuídos do seus uniformes, e amosando as guitarras e mailo baixo. E logo chegaría o cuarto disco publicado de Los Sprinters, “Señor Profesor”. A primeira portada onde non aparece unha foto do grupo, algo que a partires de agora será a norma, e deixarán de ter interese. No seu lugar un axeitado dibuxo, a toda cor, ilustra o motivo do tema central do disco, situado sobre un fondo negro. Novamente, o departamento creativo do selo Fontana, lle deseñou á banda, un logotipo.
O quinto e derradeiro EP, que Fontana lles editou, foi o que encabeza a canción “¡Espera, que quiero hablarte!” e apareceu no mercado discográfico español, a finais do ano 1967. "¡Espera, que quiero hablarte!” (M. Pache), é outra das composicións propias de Los Sprinters. Agora si que nos atopamos diante dun grande tema, con fantásticos «riffs» e solo de guitarra, un preciso órgano progresivo… Tamén contribúe o feito de que a letra non sexa unha colección chea de tópicos, nin manida, a pesares de ser moi directa. Para nós, dende logo, trátase da mellor canción do grupo ferrolán, que debería ser todo un clásico do «Rock de garaxe» do país, e que pola contra, permañece nun moi inxusto esquecemento. Constitúe o único corte salientable de todo este vinilo, para nós, o máis frouxo dos gravados polo grupo ferrolán.
Co seu sexto traballo discográfico, Los Sprinters estrean formato, o primeiro disco sinxelo sprinter, agochado tras dun insulso e impersoal deseño de portada, onde destaca a súa cara B “La habitación blanca”, unha versión do "White Room" dos Cream . A letra da adaptación atópase chea de pasaxes oníricas, e é de temática intensamente psicodélica (na versión orixinal, o protagonista, que está a esperar por un tren, se atopaba baixo os efectos do LSD). Na adaptación musical deste tema, de Alfonso Alpin (pseudónimo do grande compositor barcelonés Augusto Algueró) , botamos a faltar algo de forza, debido máis que probablemente, a unha nefasta producción. E é que hai unha notoria carencia de toques de guitarra «fuzz», uns máis traballados e mellores coros de voces, e outros efectos nesa onda, para que o poideramos considerar un tema totalmente redondo, e todo un clásico da «psicodelia» peninsular. A pesares de todo, se atopa entre o mellor do repertorio gravado por Los Sprinters, unha nova demostración do bo gusto, que sempre levaron por bandeira.
O seu último disco para o selo Fontana –o sétimo-, foi un novo sinxelo, con adaptacións esquecibles de “Rain and tears” e “Yummy, yummy, yummy” . Posúe unha portada de moito colorido, cun deseño en plan «naïf», bastante aceptable. Tralo remate da tempada estival do ano 1969, o período independente de Los Sprinters, tocaba á súa fin. O éxito petaba, con moita forza, na porta doutro ferrolán, un tal Andrés Lapique Dobarro, coñecido artisticamente como Andrés Do Barro. O sorprendente número 1 de ventas discográficas que acadou o seu primeiro disco. “O tren”, en España (máis sorprendente si cabe, ao se-lo primeiro que non era cantado nin en castelán, nin en inglés, francés ou italiano, senón que no vilipendiado «dialecto gallego», un fito musical nunca máis repetido…), precipitou as cousas.
Andrés Do Barro reclamounos, para que o acompañaran nas súas actuacións, e logo, participaron tamén, nas sesións de gravación dos seus discos, como a banda propia do cantante. Con Do Barro, Los Sprinters gravaron moitos temas (entre eles, “San Antón”, “Corpiño xeitoso” e, por suposto, o famosísimo “O tren”)”. Este éxito fulgurante do cantante ferrolterrán, conlevou unha importante carga de traballo para a banda, xa que non pararon de contrataren galas e bolos diversos. A situación reportou importantes ingresos para Los Sprinters, que poideron levar unha acomodada vida naqueles días e tiveron a ocasión de comparti-las táboas do escenario con moitos outros grupos da época, entre os cais destacamos os madrileños Fórmula V, que coñeceron nos estudios de gravación da súa compañía discográfica -Fonogram-, xa que fixeron boas migas. Pero tamén alternaron, na noite madrileña, con artistas habituais dela coma Micky, Mike Kennedy, Fernando Árbex, etc…
Realizaron algunha pequena xira por Centroeuropa, sobre de todo a Suíza, onde actuaron para un público netamente galego, composto por emigrantes, que non podían aguanta-la emoción, ao escoitar cancións no seu idioma, e «tiraban as súas boinas ao ar».
Aproveitando a popularidade de Andrés, no ano 1971, debutan na pantalla grande, ao igual que o propio
cantante, nunha longametraxe pseudo-musical, feita para promociona-lo artista ferrolterrán. A cinta leva o oportunista título de “En la red de mi canción”, e os músicos se viron arrodados dun elenco de actores importantes, coma Conchita Velasco, o afecto ao réximen Alfredo Mayo, Rafaela Aparicio, Florinda Chico, Antonio Ozores, Cassen ou Álvaro de Luna. Desgraciadamente, o productor cinematográfico vigués Cesáreo González, encargoulle a dirección da película ao chapuceiro Mariano Ozores Puchol, autor dunha prolífica lista de películas, tan ampla coma esquecible. Los Sprinters aparecen en varias secuencias da película, especialmente nas imaxes do principio da cinta, nas que atravesan as rúas do Casco Vello de Santiago de Compostela, montados enriba dunha camioneta, namentres Andrés Do Barro canta a canción “Pois eu”, e eles tocan os seus respectivos instrumentos.
Logo de tres exitosos anos, Andrés Do Barro decide un fondo reprantexamento da súa carreira, que vai levar aparellado un troco de discográfica, e de banda de acompañamento. Estamos xa nos meses finais do ano 1972. É o intre en que se produce a ruptura definitiva con Do Barro, e a banda xa non tocaría nos vindeiros sinxelos e no terceiro álbum de Do Barro, “Andrés Do Barro” (Lp Belter, 1974). Tan só se mantén o batería Chupi.
Pouco tempo despois, Los Sprinters íanse converter nunha orquestra, que percorreu moitos dos pobos e cidades de Galicia, e que aínda se mantén activa. No ano 1974, escomenzan as colaboracións musicais entre María Manuela e Miguel Varela. Como a Manuela lle gustaba moito de cantar e o facía ben, escomenzou un dúo alén do matrimonio, consumado nunha parella artística, bautizada como Manuela e Miguel, que puxo música a moitos dos poetas da nosa terra, ademais das composicións propias. A andaina do dúo, principiou curiosamente, coa gravación dun primeiro disco sinxelo, lanzado coma unha obra de María Manuela, en solitario, a pesares de ser unha colaboración conxunta.
Xa no ano 1983, nacería o coro Ledicia, co gallo do festival Cantareliñas, un certame que se celebrou en San Sadurniño. Nel colaborou intensamente Miguel Varela Suárez. No 1990 o coro asentouse no colexio Manuel Masdias, de Caranza. O pasamento de Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», se produxo en Ferrol, o día 19 de Setembro do 1998, logo dunha longa enfermidade. Alfredo Mella Álvarez pertence, na actualidade á rondalla ferrolán Bohemios.
martes, 6 de abril de 2010
LOS DARTS Vol. II (Sonus, 1967)
"Tú Nunca Sabrás"
Los Darts eran algo así como Los Mustang pero en venezolano. Al igual que los catalanes, se hicieron famosos a base de adaptaciones al castellano de éxitos foráneos con especial predilección, claro está, por los cuatro de Liverpool, presentes en éste, su segundo elepé, de forma notoria aunque lo más interesante está en las otras versiones, sobre todo en "One track mind" de Keith y Linda Colley que hicieran popular los Knickerbockers y el "Walk away Renee" de Left Banke. De los tres únicos originales, firmados todos ellos por el líder del grupo Carlos Moreán, hay uno que me gustó bastante a pesar de la letra oso-osita, "Tú nunca sabrás".
xoves, 7 de xaneiro de 2010
Canción # 43: LOS HURACANES A La Caída Del Sol (1966)
Nalgunha das conversas que mantiña hai anos con Malcolm Scarpa chegamos a falar dos valencianos Los Huracanes e do aprezo que lle tiñamos a moitas das súas cancións. Unha das que máis nos molaban era "A la caída del sol", un tema que aparecía no segundo Ep do grupo. Uns anos despois e durante a súa participación no primeiro Felipop fixo unha sentida adaptación da canción pero para nosa desgraza non se gravou.
sábado, 26 de decembro de 2009
LES LIONCEAUX Le Temps Est Long - Toi L´Ami (Mercury, 1964)
luns, 7 de decembro de 2009
LOS MARY WILSON De Noche También (Trilita, 1989)

Seguimos con grupos sevillanos de finales de los ochenta de influencia sesentera con el único disco de los Mary Wilson que al igual que el de Las Balas está grabado en los Estudios Matasellos de Ubrique. Mi favorita es la que abre el disco " Cuando Digas Te Quiero" que aparece también en versión intrumental; tampoco está mal " No Quisiera Asustarte", el resto de originales son decentes no así las versiones que son bastante tópicas.

domingo, 6 de decembro de 2009
LAS BALAS Las Balas (RNE, 1991)
La Balas, como dijimos en el post anterior, fueron la siguiente aventura de parte de los Tiernos Mancebos pero esta vez con una actitud y estética mucho más beat y powerpopera que hace que el disco sea bastante más entretenido y casi todos los temas son muy agradables. Llegaron a editar un segundo disco ,"Tal vez mañana", pero no lo he visto nunca así que si alguien lo tiene me gustaría oirlo aunque algunos de los temas se pueden escuchar en su myspace.
venres, 4 de decembro de 2009
TIERNOS MANCEBOS Tiernos Mancebos (Polydor, 1987)
Hoy traemos el único elepé que publicaron los sevillanos Tiernos Mancebos y aunque el peinado del bajista los haga parecer una banda de neo-románticos, lo suyo era el beat y el pop clásico de siempre. El disco no es que sea una maravilla pero está muy bien trabajado vocalmente y tiene sus momentos como "Cada vez que ocurre" o "Moscas y Arena" que son, con diferencia, las mejores canciones. Polygram llegó a publicar el disco en Perú, México y Venezuela pero pasó casi lo mismo que aquí, o sea nada. Después de la disolución tres de los miembros formarían Las Balas con una inclinación definitivamente beat.
xoves, 3 de decembro de 2009
THE BRISKS El Cochecito (EP, Belter, 1965)
sábado, 28 de novembro de 2009
LOS CHAVALES Felipop Sesión Vermú 2009
Xa que faciamos referencia a los Chavales ao falar do Asubíos, aquí está parte da súa actuación na sesión vermú deste ano no Felipop. Evidentemente son un grupo de versións pero hai que recoñecerlles a boa elección do repertorio e as adaptacións propias feitas por Fonso de pezas como "My Little Red Book", "Say Those Magic Words" dos Birds ,"Sitting on my sofa" dos Kinks ou "Have Love will travel" dos Sonics.
xoves, 26 de novembro de 2009
ASUBIOS O Nacemento Do Beat En España (1965-1967) (CDR, Felicia, 1996)
Na sesión vermú do último Felipop tivemos a Los Chavales, grupo santiagués no que o noso benquerido Alfonso Espiño exerce como cantante-animador con excelentes resultados. Entre canción e canción o propio Alfonso chegou a asegurar que Los Chavales debían moito a aquela compilación feita en Limodre a mediados dos noventa titulada "Asubíos".
Naqueles anos, coa excepción do publicado por El Cocodrilo ou a serie "Viñedos", parecía que non había moito interese por recuperar as xoias do pasado hispano de aí que tiveramos en mente facer algo ao xeito do Nuggets ou a serie Pebbles.
Creo lembrar que fixemos primeiro a compilación en mini disc e logo fumos na procura dun título para a mesma que tivera certa sonoridade ata que Joe apareceu co de "Asubíos" (silbídos en castellano). O seguinte problema foi atopar a alguén que nos fixera os CDR, non coñezo como eran as cousas por aí diante, pero aquí poucos posuían un ordenador e menos unha gravadora. Ao final un coñecido ofreceuse a facer as copias a 1000 pesetas cada unha, prezo realmente escandaloso pero algo bastante normal entón.
Das trinta pezas seleccionadas hai tres que non son españolas, a dos venezolanos Los Supersónicos,a dos portugueses The Sheiks e a dos chilenos Los Beat 4, pero xa que a portada do seu sinxelo foi a que utilizamos para o "Asubíos", merecían aparecer. As notas interiores en galego foron obra de Gustavo e de Joe.
Naqueles anos, coa excepción do publicado por El Cocodrilo ou a serie "Viñedos", parecía que non había moito interese por recuperar as xoias do pasado hispano de aí que tiveramos en mente facer algo ao xeito do Nuggets ou a serie Pebbles.
Creo lembrar que fixemos primeiro a compilación en mini disc e logo fumos na procura dun título para a mesma que tivera certa sonoridade ata que Joe apareceu co de "Asubíos" (silbídos en castellano). O seguinte problema foi atopar a alguén que nos fixera os CDR, non coñezo como eran as cousas por aí diante, pero aquí poucos posuían un ordenador e menos unha gravadora. Ao final un coñecido ofreceuse a facer as copias a 1000 pesetas cada unha, prezo realmente escandaloso pero algo bastante normal entón.
Das trinta pezas seleccionadas hai tres que non son españolas, a dos venezolanos Los Supersónicos,a dos portugueses The Sheiks e a dos chilenos Los Beat 4, pero xa que a portada do seu sinxelo foi a que utilizamos para o "Asubíos", merecían aparecer. As notas interiores en galego foron obra de Gustavo e de Joe.
01 LOS FLECOS Vales Poco Para Mí
02 LOS BEAT 4 Dame Un Bananino
03 LOS ARCHIDUQUES Lamento de Gaitas
04 LOS NIVRAM Sombras
05 LOS TONKS Llegó El Final
06 THE BRISKS Si, Mañana Será Así
07 LOS BRINCOS L´amore Dei Giovani
08 LOS PROTONES Eres Un Mal Amigo
09 LOS 5 DEL ESTE Look At This Boy
10 LOS TOMCATS A Tu Vera
11 LOS SUPERSÓNICOS Por Qué Te Vas?
12 LOS SIREX Olvídame
13 ROCIO DÚRCAL Creo En Ti
14 MICKY y LOS TONYS Fuera De Mis Sentidos
15 LOS BETA Qué Más Quisiera Yo
16 LOS WATTS Al Rojo Vivo
17 LOS GATOS NEGROS Por Qué Llorar
18 THE FOUR WlNDS & DITO No Te Comprendo
19 RAMÓN 5 Amor Perdido
20 SHEIKS A Mala
21 LOS BRAVOS Recopilación
22 LOS BOHEMIOS Qué Chica Tan Formal
23 LOS NO Incomprendido
24 LOS HURACANES El Calor Del Verano
25 LOS BOTINES Eres Un Vago
26 LOS WlKlNGOS El Viernes En Mi Recuerdo
27 LOS PEPES Un Día Feliz, Otro De Llanto
28 LOS PASOS Paso a Paso
29 LOS SPRINTERS El Tablao
30 LOS DIAPASÓNS Mi Yaya
02 LOS BEAT 4 Dame Un Bananino
03 LOS ARCHIDUQUES Lamento de Gaitas
04 LOS NIVRAM Sombras
05 LOS TONKS Llegó El Final
06 THE BRISKS Si, Mañana Será Así
07 LOS BRINCOS L´amore Dei Giovani
08 LOS PROTONES Eres Un Mal Amigo
09 LOS 5 DEL ESTE Look At This Boy
10 LOS TOMCATS A Tu Vera
11 LOS SUPERSÓNICOS Por Qué Te Vas?
12 LOS SIREX Olvídame
13 ROCIO DÚRCAL Creo En Ti
14 MICKY y LOS TONYS Fuera De Mis Sentidos
15 LOS BETA Qué Más Quisiera Yo
16 LOS WATTS Al Rojo Vivo
17 LOS GATOS NEGROS Por Qué Llorar
18 THE FOUR WlNDS & DITO No Te Comprendo
19 RAMÓN 5 Amor Perdido
20 SHEIKS A Mala
21 LOS BRAVOS Recopilación
22 LOS BOHEMIOS Qué Chica Tan Formal
23 LOS NO Incomprendido
24 LOS HURACANES El Calor Del Verano
25 LOS BOTINES Eres Un Vago
26 LOS WlKlNGOS El Viernes En Mi Recuerdo
27 LOS PEPES Un Día Feliz, Otro De Llanto
28 LOS PASOS Paso a Paso
29 LOS SPRINTERS El Tablao
30 LOS DIAPASÓNS Mi Yaya
THE CANARIES Flying High (Cocodrilo, 1985)

Deixaramos aos nosos heroes camiño dos EEUU a onde chegaron no outono de 1965 para facer uns bolos que conseguira Don Eduardo, o pai de Teddy. Por terras americanas estiveron case seis meses actuando e gravando varias maquetas, case sempre en directo. Delas, o selo BT Puppy Records escolleu unhas cantas para publicar "Flying High" xusto despois de que o grupo voltara cara España. No Blog de Mac hai un interesante artigo sobre esta visita. En canto ao disco dicir que o son de novo é lamentable pero malia iso algunhas cancións teñen cousiñas como "Baby Don't Surprise Me", "And I'll Cry Again" cunha bonita guitarra ou "You Be" con certo achegamento sicodélico
Notas da edición americana
"FLYING HIGH," marks the American Record Debut of a versatile Spanish musical group known as "THE CANARIES." Although these singers are very well known in their native Spain, and have had many smash records in Spain and Europe, they are still relatively unknown in America. The name 'THE CANARIES" was taken from the Canary Islands, (off the coast of Spain), where they were all born.
The group is composed of four seasoned entertainers who are all in their early twenties. They sing, accompany themselves on musical instruments, and also write most of their own songs.
Jose Luzardo Gutierrez, known as "Tato," and Eduardo Bautista Garcia, known as "Teddy," speak fluent Englísh. The other members of the qroup, Raphael Izquierdo Suarez, "Rapha." and German Perez Zorrila, "Hernan," have learned English by singing the lyrics to the songs they perform.
"Teddy", the leader of the group, is also the lead singer. He plays rhythm guitar and harmonica. He speaks and sings equally well in English, French, Italian, and Spanish. All the other members ot 'THE CANARIES" are musical students, and their knowledge of the classical Spanish melodies flavor the songs they compose and play. Unlike most modern Rock and Roll groups, these young men all have had classical music backgrounds and stem from long-established families of the Canary Islands.
As the number one night club group in Spain, it was only natural for people to compare the Canaríes with the Beatles. When asked to comment, Teddy's reply was, "No comparison! Why, Canaries eat Beatles for breakfast every morning!"
"FLYING HIGH" combines the international vocal talents of "THE CANARIES" with the native production ability of their American Producers, "THE TOKENS." Together they have created an Album with a unique sound and universal appeal. We know you will enjoy it.
Notas da edición americana
"FLYING HIGH," marks the American Record Debut of a versatile Spanish musical group known as "THE CANARIES." Although these singers are very well known in their native Spain, and have had many smash records in Spain and Europe, they are still relatively unknown in America. The name 'THE CANARIES" was taken from the Canary Islands, (off the coast of Spain), where they were all born.
The group is composed of four seasoned entertainers who are all in their early twenties. They sing, accompany themselves on musical instruments, and also write most of their own songs.
Jose Luzardo Gutierrez, known as "Tato," and Eduardo Bautista Garcia, known as "Teddy," speak fluent Englísh. The other members of the qroup, Raphael Izquierdo Suarez, "Rapha." and German Perez Zorrila, "Hernan," have learned English by singing the lyrics to the songs they perform.
"Teddy", the leader of the group, is also the lead singer. He plays rhythm guitar and harmonica. He speaks and sings equally well in English, French, Italian, and Spanish. All the other members ot 'THE CANARIES" are musical students, and their knowledge of the classical Spanish melodies flavor the songs they compose and play. Unlike most modern Rock and Roll groups, these young men all have had classical music backgrounds and stem from long-established families of the Canary Islands.
As the number one night club group in Spain, it was only natural for people to compare the Canaríes with the Beatles. When asked to comment, Teddy's reply was, "No comparison! Why, Canaries eat Beatles for breakfast every morning!"
"FLYING HIGH" combines the international vocal talents of "THE CANARIES" with the native production ability of their American Producers, "THE TOKENS." Together they have created an Album with a unique sound and universal appeal. We know you will enjoy it.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















