Amosando publicacións coa etiqueta Mod. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mod. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de outubro de 2009

LOS ELEGANTES Soy Tremendo! (MX, Zafiro, 1985)

Non hai moito tempo o noso colaborador Nico Estrume nunha conversa tabernaria opinaba sobre os Elegantes dos que dicía: "eran sota, cabalo e rei pero tiñan algunhas cancións que non estaban nada mal", aí queda. O maxi single que traemos hoxe está composto por temas do seu segundo disco "Paso a Paso" pero con diferenzas con respecto aos temas orixinais do elepé. Ademáis da adaptación cara as pistas de baile de "Soy Tremendo" cuns arranxos horrorosos, están a versión instrumental de "Louie, Louie" e o primeiro intento de "Dispararé". O último tema, "Ven y salta", non cambia. Como bonus vai "Soy Tremendo" tal como aparecía no elepé.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com

luns, 18 de maio de 2009

THE KEY The Golden Age (LP, Unicorn, 1987)

The Key, aos que faciamos mención nun comentario anterior, foron unha banda que traballou na zona de Los Angeles entre 1985-1988 e que nese tempo deixaron un Ep e este Lp editado polo selo británico Unicorn especializado en bandas que se movían preto do movemento mod. A cabeza pensante do grupo era Shane Ries que en anos posteriores tivo una carreira de máis éxito. En canto a "The Golden Age" é o típico disco de grupo de xénero, musicalmente cheo de tópicos con algunha canción agradecida. Para amantes do revivalismo mod e sobre todo dos Jam.