Dous dos sinxelos que faltaban dos irmáns Lameirinhas por xentileza de “Johnny T’s House of Design”. Moitas grazas John.
Amosando publicacións coa etiqueta Portugal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Portugal b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 9 de xaneiro de 2010
sábado, 14 de novembro de 2009
REI PESCADOR Confraria Das Almas (1994)

A única peza que me interesou deste disco de Rei Pescador, unha banda de Porto arredor da figura do guitarrista Orlando Mesquita, foi o instrumental de querencias folk que abre o cd .
xoves, 8 de outubro de 2009
VAI DE RODA San Joao (1990)
Existe realmente o acid folk portugués? A verdade que esta peza se estivera cantada en inglés de seguro que aparecía dentro dalgunha antoloxía do xénero. O resto do elepé, cun título que agradaría ao mesmo Sebastián Paredes, "Terreiro das Bruxas", non ten ese punto aínda que se alguén ten moito interese en escoitalo enteiro non haberá problema.
venres, 25 de setembro de 2009
IRMAOS CATITA Venus (2001)
A portada deste mini cd dos lisboetas Irmãos Catita prometía pero o certo é que o único que me gustou foi esta adaptación ao portugués do Venus dos Shocking Blue que lles queda moi ben.
venres, 18 de setembro de 2009
OS AFONSINHOS DO CONDADO Os Afonsinhos do Condado (MLP, Polygram, 1990)
A semana pasada quedei con Franki para xantar e ver o su novo local de golosinas chamado moi apropiadamente Frankis (Rúa Riego de Agua na Coruña). Despois do café en Barrañán pasoume outro lote de discos que aínda están en fase de lavado e restauración pero con este dos lisboetas Afonsinhos do Condado xa rematei. O mini elepé e unha compilación de traballos anteriores da banda con dúas pezas novas "Querida Guida" e "Música do Sul" que me gustaron moito. Do resto destacaría a simpática "Sambinha para Gorvachev" cun toque Mutante e "Vivi Com A Lua Chea" que tampouco está mal.
domingo, 23 de agosto de 2009
JESS & JAMES The End Of Me - Move (Belter, 1968)
Comenzamos hoxe a recuperar case tódala discografía desta parella de portugueses de Porto, Antonio e Fernando Lameirinhas, que nos primeiros sesentas emigraron cara Bélxica coa súa familia fuxindo da dictatura do xeneral Salazar. Alí, e cos nomes artísticos de Tony e Waldo Lam montaron a J.J. Band e comenzaron a gravar os seus primeiros discos para o selo Palette conseguindo bos éxitos como "Move" ou "Something for nothing". Desde o ano 1967 tamén se fixeron populares en España onde chegaron a editarse os tres elepés e unha dúcia de sinxelos, todos eles no selo Belter e polos que desfilaban soul, pop, rock, sicodelia e incluso rollo máis progre. No ano 69 apareceron diferencias entre or irmáns que querían seguir facendo soul e a J.J. Band que optaba por seguir o son que naqueles momentos popularizaban Chicago ou Blood, Sweat and Tears así que cada un tirou polo seu lado. No ano 1970 podemos ver á parella colaborarando co músico de jazz Scott Bradford e co afeccionado á electrónica Arsène Souffriau dentro do proxecto The Free Pop Electronic Concept cos que editan ese extraño experimento que é "A new exciting experience" recuperado por Vampisoul e que podedes escoitar aquí. Nos setenta seguiron con distintas aventuras e incluso chegaron a formar parte dos Canarios do noso Teddy. Estas dúas pezas están extraídas do seu primeiro elepé "Move".xoves, 20 de novembro de 2008
TAXI (LP, Polygram, 1981)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



