"Pacific Coast Thunderball"
Xa contamos hai uns meses que Jess & James decidiran prescindir da súa banda de acompañamento, a J. J. Band, cando se puxeron a gravar o seu terceiro disco así que os rapaces pensaron que era hora de probar sorte pola súa conta e despois dun elepé para Polydor que pasou practicamente desapercibido recalaron no selo CBS cos que publicaron "J.J.Band" no que afondaban no seu gusto polo jazz-rock na onda Chicago ou Blood, Sweat & Tears. As dúas cancións do sinxelo están extraídas dese disco e non están nada mal, diría máis incluso, o seu cantante e batería García Morales é bastante mellor que calquera dos irmáns Lameirinhas.