"Francesco Baccini - Diego Armando Maradona"
Unha petición de Emiliano que quere escoitar este Cd que acompañaba a un número especial da revista zaragozana Zona de Obras e que baixo o título de "Gol" facía un repaso á relación entre fútbol e rock. En canto ao Cd ademáis dos cantos de grada tópicos ou de plantillas facendo o tras, hai momentos musicais decentes como as dúas pezas asinadas por The Rainbow Choir, "Ryan Giggs We Love You" e "Roger Milla Is My Number 9 Dream", por certo a Milla cheguei a velo en Riazor nun Perú-Camerún do Mundial 82 que rematou cun triste empate a cero, a tónica do grupo no que tamén estaba a futura campiona Italia que creo lembrar xogaba en Balaídos. Os recordos de Giggs son piores porque nalgún partido do Deportivo fronte ao Manchester fixo barbaridades. Outro tema que mola é "Gascoigne Please" cantada por un tal Marty que ven podería estar asinada por Bid nun momento de tolemia futboleira. A paixón maradoniana corre a cargo de Francesco Baccini e a espléndida "Diego Armando Maradona" coa narración do gol de Arxentina á Inglaterra a modo de introdución. Hai tamén lugar para temas sobre figuras míticas: "Georgie, The Belfast Boy" por Chocolate Barry ou "Stanley Matthews" que interpretan The Keele Row en clave folk, en definitiva un divertimento para futboleiros coma eu que xa teñen a cabeza no Mundial despois do sufrido ascenso do mellor equipo do mundo, o Deportivo, claro.