O dúo Tommy e Marco eran algo así como uns Victor e Diego á italiana. O romano Marco Perfetto xa tiña certa experiencia no mundillo discográfico nos primeiros setentas, non así Tommy Battistoni que facía o seu debú neste Lp que á postre sería o seu único traballo coñecido. Básicamente un disco de cantautores na súa vertente máis acústica con algúns temas molóns como o que se pode escoitar no reprodutor.