venres, 31 de outubro de 2014

BABEL - Sube A Mi Tren (1982)



Outra macarrada que atopei nesta recopilación que editou o selo Victoria para aproveitar o tirón do hard-heavy rock que se facía nos primeiros 80. O resto do disco mete un pouco de medo pero este tema de Babel, grupo do que non sei nada, ten o seu aquel..

xoves, 30 de outubro de 2014

PIRÁMIDE - Diablos De La Noche / Caminos (Sociedad Fonográfica Asturiana, 1982)


Asturianos, aínda que non sei de  onde. Típico disco que se ve pouco e que tiña como tema estrela esta macarrada que se pode escoitar no reprodutor. "Caminos" é unha baladiña tipo Burning que non ten nada destacable.


luns, 27 de outubro de 2014

JENNIFER - Chelsea Morning / The Park (Parrot, 1968)


Jennifer Warnes era no ano 1968 unha rapariga aspirante a folk singer que debutaba con esta adaptación do tema de Joni Mitchell. Quince anos máis tarde acadaría sona mundial en compaña de Joe Cocker con aquel coñazo titulado  "Up Where We Belong", tema estrela de "Oficial e Cabaleiro".

xoves, 16 de outubro de 2014

FOREST GREEN - Forest Green (Capitol, 1973)



Supoño que estes rapaces debían un favor a alguén porque a portada é fea de carallo, algo que non sucede co contido que é máis que aceptable e entretido, un pouco de pop, outro pouco de rock e certos toques progres para estar á moda, todo envolto cunha boa sección de vento. As que máis me gustaron son as tres que firma o guitarrista. Estas son as notas da contaportada.

Since its formation In the Spring of 1970. Forest Green has devoted itself to a full-time. eminently professional exploration of its roots. influences. and the techniques at Its command. Combining sensibilities that stem and range from classical to the self­widening channels of Improvisational Jazz. Forest Green puts together a sound that is at once logical. tight. and satisfying. Most Importantly, what emerges from the sophisticated mix -with its splendid Incorporation of elements as diverse as a Big Band Sound or a Latin Pulse- is an exuberant lyrical innocence; a sense of wonder at all the wit and emotion that music may convey 

True then to the City of Philadelphia whose sound Forest Green has helped to further define, and to all others now interested in their music, Forest Green delivers a message of Youth and life aspiring to newer, more procressive horizons.  

Matt Damsker, Associate Editor of 'The Drummer