xoves, 11 de xullo de 2013

THE SPACEMEN - Beat à Gogo (Tip, 1967)


Os alemáns The Spacemen eran o típico grupo beat de segunda especializado na gravación de discos expolio con éxitos do momento. A que máis me gustou foi esta dos Kinks As voces femininas nalgúns temas son de Tina Rainford alias Peggy Peters


martes, 9 de xullo de 2013

SAVOY BROWN - A Hard Way To Go / Waiting In The Bamboo Grove (Decca, 1970)



O blues rock e derivados abúrrenme un pouco pero hei de recoñecer que esta peza de Savoy Brown orixinalmente aparecida no seu Lp "A Step Further" ten o seu aquel.

venres, 5 de xullo de 2013

LOS AUTONAUTAS - Vete (2007)


Esta fantástica adaptación do clásico dos Amaya aparecía como pista agachada ao final do primeiro traballo dos madrileños los Autonautas que estarán tocando dentro dun mes nunha nova edición do Felipop.


xoves, 4 de xullo de 2013

LOS SANTOS - Vivo En El 1º (1985)



De Los Santos, grupo poproqueiro biscaiño de primeiros oitenta, gústanme especialmente un par de cancións: "Tú, Tú, Tú" incluída no seu primeiro sinxelo e esta que escoitamos hoxe que pechaba o seu único longa duración de portada non moi atractiva, así que escollemos a foto da contra que mola máis. O seu cantante José Ignacio Dermit, Bilillo, segue aínda traballado, agora como Bilillo y Los Sullos.

venres, 24 de maio de 2013

THE FIRST STREET MARBLE TEAM - Honey Love / You And Me And Happiness (Exit, 1969)

"Honey Love"

Podería parecer que estos rapaces eran admiradores confesos de Arthur Lee e dos efluvios sicódelicos do "Forever Changes" pero a realidade é ben distinta. The First Street Marble Team foron probablemente un grupo de estudio do selo Honor Brigade que  tentaba aproveitar a febre chicleteira do momento. Na cara A daban conta do "Honey Love" de Clyde McPhatter e os Drifters mentras que polo outro lado facían o propio cun tema dos Newbeats. O deseño da portada haberá que agradecerllo a algún dos responsables do selo Exit.

mércores, 22 de maio de 2013

JEREMY KIDD - Petals And Ashes / Crocodile Tears (Self -Drive Music, 1985)

"Petals And Ashes"

Inencontrable en internet hasta ahora como da fe alguno de nuestros colaboradores, “Petals & ashes” (pétalos y cenizas) es el único single que publicó Jeremy (o Jerry) Kidd tras su salida de los experimentales The Red Guitars, una banda de culto procedente de Hull y asociada al ambiente independiente británico de mediados de los 80. En el 85 Kidd decide emprender una esperanzadora carrera en solitario cuyo único resultado es este sencillo en cuya cara b figuraba otro tema propio, la lánguida e inocua “Cocodrile tears”. Con los excesos de las producciones de los 80, su tema principal es un homenaje a la anarquista lituana Emma Goldman (1869-1940), una canción de belleza serena y ecléctica que muestra lo mejor (la pieza en sí)  y lo más incómodo (esas baterías electrónicas) de una década de la que todavía hay mucho que rascar. La emoción acaba por imponerse y su vibrante mensaje tan actual convierte a esta canción en una joya perdida y hallada para goce de nuestros lectores y oyentes. Una vez recuperada no se la pierdan.


sábado, 18 de maio de 2013

TOMBSTONES - Mujeres (CD EP, 1992)

"Don´t Look Back"

Seguimos con adaptacións de clásicos do garaxe feitas por aquí. Hoxe recuperamos aos Tombstones, unha banda de Santiago que despois das consabidas maquetas en casete, chegou a editar un cd para o selo vigués MAN Records. No seu momento escoitei o disco e a verdade non me deixou pegada. Como promo editaron este cd con tres temas no que incluían o "Don´t Look Back" dos Remains. Non lembro se o tema ía tamén no disco ou era só un bonus deste cd.

xoves, 9 de maio de 2013

LOS CAFRES - Algún Dia Caeré / Me Voy Derecho Al Infierno (DRO, 1988)

"Algún Dia Caeré"

Outra versión dos Standells feita por terras galegas. Nesta ocasión son os vigueses Los Cafres que pasan ao castelán o "Sometimes Good Guys Don’t Wear White”. Os dous temas ían incluídos no único Lp publicado polo grupo, "S.F. 13 Tractor Cerebral".


mércores, 8 de maio de 2013

FAMILIA CAAMAGNO - Se Magnan Chove (2012)


Levo uns días na cabeza con esta caralluda adaptación ao galego do tema dos Standells "There's A Storm Coming" polos santiagueses Familia Caamagno. Podedes descargar de balde o disco desde o seu bandcamp.

xoves, 2 de maio de 2013

JOHNNY JOHNSON & HIS BANDWAGON Soul Survivor (Stateside-EMI, 1971)

"In The Bad Bad Old Days (Before You Loved Me)"

Orixinalmente coñecidos como The Bandwagon, este grupo americano formouse en 1967 con Artie Fullilove, Billy Bradley, Terry Lewis e Johnny Johnson como cantante. Editaron un LP e unha serie de sinxelos, dos que o seu maior éxito foi "Breakin' down the walls of heartache", que chegou ao número catro das listas británicas. En 1970 caen en mans de Tony Macaulay, un dos mellores compositores ingleses de música chicleteira dos 60, cuxos traballos máis coñecidos foron os que protagonizou con The Foundations.  "Soul Survivor" foi editado para aproveitar o éxito  dos seus últimos sinxelos "Sweet Inspiration" e "(Blame It) On The Pony Express" que ademáis son os temas estrelas dun album composto case na súa totalidade de versións dentro das que destaca, "In The Bad Bad Old Days (Before You Loved Me)" que ten case os mesmos arranxos que o propio Macauley fixera para os Foundations uns anos atrás. Morreu de cancro en 1979.