Hoxe toca unha desas recopilacións frikis e variadas dos primeiros setenta que me molan porque sempre aparecen sorpresas. Da cara A pódense salvar a versión de King Crimson por Evolution, aínda que King Crimson non teñen clube de fans en Limodre, o bubblegum de James Royal e The Wake e a simpática "Un, Dos, Tres,... al Escondite Inglés" que volta a recurrir ao tópico das vikingas:
El avión llegará hasta mi nación
De allá traerá chicas nórdicas
A jugar sin parar vienen ellas ya.
Da cara B se un non ten moito rubor verá algo na peza de Gente Joven "Amigo Manuel" realmente pegadiza e en Clock cun gran momento soul, de The Complete Cycle xa posteamos o seu single hai un mes. Unha das que me gustan especialmente do disco é "Yo vengo del campo" de Borys con unha estrana mestura entre os Amaya e José Feliciano. O disco péchase con "Faces In The Fire" dos americanos Fresh Air, cuxo único disco "A breath of Freah Air" está bastante ben.

Cara A
1 IMAGEN Serafina (2:45)
2 EVOLUTION In The Court Of Crimson King (3:06)
3 FRATERNIDAD Aleluya (2:46)
4 JAMES ROYAL Noah (2:09)
5 THE WAKE Over And Over (2:25)
6 MANUEL SALQUERO Historia De Amor (3:12)
7 MARTES 13 Un, Dos, Tres,...Al Escondite Inglés (3:01)
Cara B
1 5 CHICS Vamos a La Playa (2:27)
2 JIMMY FREY Manda Rosas A Sandra (3:01)
3 GENTE JOVEN Amigo Manuel (2:39)
4 CLOCK Lucy (2:31)
5 THE COMPLETE CYCLE I´m On The Road Again (2:11)
6 BORYS Yo Vengo Del Campo (2:58)
7 FRESH AIR Faces In The Fire (3:51)
3 comentarios:
Hostia!!!! que xoia. Se é un rip de vinilo so espero que soe ben...increible a canción de jimy frey ''rosas a sandra'' eu era un neno daquela. Vou baixalo para viaxar no tempo un ratiño.
Grazas.
Eres un tras pero teño que recoñecer que a mín tamén me gustaba de pequeno
Onte o acabar de comer puxen esa cancion e a miña muller e o meu fillo casi me botan da casa, jajajajaj...como cambia o sentido da percepcion co paso do tempo.
Publicar un comentario