Cando Status Quo gravaron o seu primeiro longa duración xa tiñan unha pequena bagaxe discográfica como The Spectres ou Traffic Jam cultivando diversos xéneros con desigual fortuna. "Messages from..." é a versión americana do primeiro Lp con diferenzas na portada, no título do album, abandonando o orixinal e complexo "Picturesque Matchstickable Messages From The Status Quo" e tamén no seu contido omitindo, supoño que por cuestións legais a versión de Tommy Roe e o "Green Tambourine" dos Lemon Pipers. Polo demáis inclúe grandes doses de pastiche sicodélico con tódolos grandes momentos publicados previamente en sinxelo: "Pictures Of Matchstick Men" e a súa continuación "Black Veils Of Melancholy" , "Ice in the sun", "Technicolor Dreams" e pezas que so ían no album como a fantástica "Elizabeth Dreams" versioneada recentemente polos cataláns The Gurús no seu último disco.Isto é que deciá na década dos oitenta Francis Rossi sobre "Pictures Of Matchstick Men":
"Cando a compuxemos lembro que pensei na secuencia de acordes de "Hey Joe" de Hendrix. Escribín a canción no cuarto de baño, era o único sitio da casa no que podía estar lonxe da miña muller e a súa nai. Tiña a maior parte da letra pero faltaba o título. Miña ex-muller deume a idea cando un día lle preguntei que estaba buscando e ela respondeu: "take pictures of matchstickmen"
1 comentario:
Que boa a historia de como compuxo a canción
Publicar un comentario