Seguimos coas conexións cos Everly Brothers neste caso coa figura deste rapaz, Kris Jensen, que estivo probando fortuna desde finais dos 50 sen resultado algún ata que o selo Hickory de Nashville proporcionoulle a posibilidade de contar con boas cancións a escoller entre a nómina de compositores que tiñan na casa, talentos como o matrimonio Boudleaux e Bryant, Roy Orbison ou John D. Loudermilk. Precisamente, unha canción deste último, "Torture" foi o seu maior éxito no 62. Como curiosidade dicir que a canción fora escrita orixinalmente para os Everly Brothers que non a gravaron ata despois do éxito da versión de Kris Jensen. O resto dos temas son unha apreciable adaptación de "Claudette" de Orbison e dúas pezas de Boudleaux-Bryant: "Donna Donna" e "Radio and TV".
Ningún comentario:
Publicar un comentario