Aquí temos como continuación a versión que fixeron os Formula 3 de "Eppur Mi Son Scordato Di Te" evidentemente moito máis macarrita cá do vídeo. Formula 3 eran Alberto Radius (guitarra e voz), Tony Cicco (batería e voz) e Gabriele Lorenzi (teclista). A semellanza dos Doors tampouco tiñan baixista que suplía Lorenzo. Os catro discos que publicaron entre 1969 e 1974 teñen algunhas cancións que me gustan moito pero cando se tiran ao rollo progre parécenme un verdadeiro coñazo, a versión de Left Banke do seu primeiro Lp, ufff.... De cara A do single aparecía a versión curta de "Nessuno, Nessuno". Os dous temas están extraídos do seu segundo LP "Formula 3" composto integramente por Mogol-Battisti que tamén se encargaron da produción. Grazas a Dani-El por este bonito single.
2 comentarios:
Que menos, el agradecimiento es mío.
Y ya que estamos con Formula 3:
¿Mencioné la versión del "Questo Folle Sentimento" que hay por ahí en castellano?
Apuntada queda para la próxima reunión de jóvenes castores.
Entón xa non temos excusas
Publicar un comentario